"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Dar carácter hispano.
-
Tomar carácter hispano.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Hispania.
-
Natural ou habitante de Hispania.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás nacións de Hispanoamérica.
-
Natural ou habitante das nacións de Hispanoamérica.
-
-
-
Relativo ou pertencente á poboación de orixe hispanoamericana que reside en EE UU.
-
Natural ou habitante de EE UU de orixe hispanoamericana.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fábrica fundada en Barcelona en 1904, dedicada á fabricación de automóbiles de luxo e que participou en compañías de transporte de viaxeiros. En 1946 foi transferida á Empresa Nacional de Autocares.
-
GALICIA
Teólogo. Ingresou no convento de San Francisco de Santiago de Compostela. Obtivo o grao de bacharel en París en 1287. Catedrático de Teoloxía en 1302, foi profesor de John Duns Escoto. En 1304 foi elixido polo Capítulo Xeral da orde franciscana. Durante o seu xeneralato tivo que enfrontarse ás controversias internas da orde, especialmente á dos espirituais. No Capítulo Xeral de 1307 aprobouse a declaración da regra escrita por el para a orde franciscana. Escribiu Quaestiones disputae et Quodlibet, publicada en 1935.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico entre EE UU e España (abril-agosto 1898). EE UU estaba interesado en dominar as rutas comerciais do Caribe e aproveitou a oportunidade da Guerra de Independencia Cubana contra España para intervir nela. O conflito iniciouse coa voadura do acoirazado Maine, que EE UU imputou a España, e polo que declararon a guerra o 25 de abril. A flota española foi aniquilada no conflito e, polo Tratado de París, España aceptou a entrega a EE UU das posesións das Antillas, Filipinas e a illa de Guam. A derrota representou para os españois un desastre moral que evidenciou a crise dun sistema político.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de países americanos de fala hispana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que predica a unión espiritual dos pobos hispanoamericanos.
-
-
Relativo ou pertencente a Hispanoamérica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Hispanoamérica.
-
Relativo ou pertencente aos españois e americanos.
-
Literatura cultivada nos países de América Latina, escrita principalmente en lingua castelá, portuguesa, francesa, quechua, guaraní e náhuatl. A literatura hispanoamericana nas diversas linguas románicas naceu como tal na época colonial, e adquiriu personalidade como consecuencia dos movementos independentistas. As literaturas mexicana e arxentina son as pioneiras entre as de lingua castelá. A primeira corrente destacada foi a do romanticismo, que reaccionou contra o neoclasicismo, e na última parte do s XIX manifestouse a influencia do realismo e do naturalismo. No s XX continuou a chegada a Hispanoamérica dos ismos europeos e os movementos de vangarda, ás veces contrapostos a tendencias indixenistas e rexionalistas, baixo o signo da loita social, e desenvolveuse o “realismo máxico”. Das literaturas de orixe precolombiana destacan a indíxena mexicana, a quechua e a guaraní.
-
-
-
Relativo ou pertencente á España musulmana.
-
Natural ou habitante da España musulmana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen simpatiza con España ou coa súa cultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome propio español, especialmente un típico. Así, por exemplo, nomes de pía como José, Manuel, Teresa ou topónimos como Lugo, Toledo.
-
-
Relativo ou pertencente á Hispania romana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Hispania romana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra historiográfica en latín do s XII. Oficialmente foi coñecida como Registrum, nome alusivo á técnica de elaboración, que consistía en combinar a transcrición documental (cartularios e coleccións documentais) con narracións historiográficas que encadrasen os documentos. A súa composición foi proxectada por Diego Xelmírez como manobra de propaganda do seu bispado e da propia sé compostelá, para elevala a arcebispado. Con respecto a outros exemplos da historiografía latina hispana ten a peculiaridade de narrar sucesos contemporáneos e de inserir documentos da época. Os feitos narrados abarcan principalmente desde 1100 a 1139, anos en que Xelmírez foi primero bispo (1100-1120) e arcebispo de Compostela (1120-1140); é o que se coñece historicamente como “época de Xelmírez”, debido á relevancia que xogou o arcebispo na Galicia deses anos. No reinado de Urraca (1109-1126) deuse unha íntima conexión entre a súa conduta pública e o progreso das súas ambicións eclesiásticas; así mesmo,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crónica [Historia] Troiana.
-
-
Relativo ou pertencente a A. Hitler, ao seu réxime ou á súa ideoloxía.
-
Que ou quen é partidario ou seguidor de A. Hitler, do seu réxime ou da súa ideoloxía.
-
-
PERSOEIRO
Papa (136-140). Loitou contra os gnósticos e ditou disposicións para regulamentar a xerarquía sacerdotal, desarticulada tralas persecucións de Traxano e Adriano. Posiblemente sufriu persecución e martirio. Na iconografía viste de pontifical, con sagrado palio e tiara; e leva como atributos un pergamiño despregado con caracteres gregos. A súa festividade celébrase o 11 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo e oceanógrafo. Foi autor, xunto con J. Murray, de The Depths of the Oceans (1912), unha obra clásica da oceanografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurofisiólogo inglés. Realizou numerosos traballos sobre a fisioloxía nerviosa fundamental. En 1939 perfeccionou as técnicas para a medida directa de potenciais celulares (células nerviosas xigantes). Das súas obras destaca Condución do impulso nervioso (1964). Recibiu, xunto con Eccles e Huxley, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor suízo. Cultivou o simbolismo, ata que asumiu un estilo monumental con figuras humanas arquitectónicas que se relacionan entre si polo movemento e simbolizan a humanidade. Destacan as súas obras O sono, A primavera, A noite, O día e os frescos de Marignano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[ lnK ]/∂T)p = ΔH0/RT2, ΔH0 , sendo a variación de entalpia na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.