"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Ostān de Irán (71.193 km2; 1.204.388 h [estim 2001]). A súa capital é Bandar ‘Abbās.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É autor de Cancionero (1874), Refranes glosados (1915-1916) e dunhas Relaciones sobre a historia de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que horripila.

    2. Que é moi feo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe polifacético, emigrou a La Habana onde obtivo os títulos de perito e profesor mercantil na Escuela de Comercio de La Habana. Posteriormente doutorouse en Dereito e foi xuíz. En 1895 fundou a Biblioteca Hispanoamericana de Ciencias Comerciales e dirixiu a revista Galicia. Publicou Tratado de metrología universal y agrimensura práctica, Aritmética práctica e Tratado universal de correspondencia comercial trilingüe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, foi director de Radio Popular de Ourense e das revistas Sábado Gráfico e El cocodrilo Leopoldo. Colaborou en diversos medios de comunicación, como Cadena SER e COPE, ou Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Región-Internacional e O Correo Galego. Publicou El enigma de un hombre (1989), E logo Lugo, qué? (1993), Otra historia gallega envuelta en humo (1993), Con el viejo Bene en la isla (1995), As lerias do Leiras (1996), El caballero de Galicia (1996), De outros galegos (1998) e Pedro Murias, algo más que un indiano (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • horticultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista húngaro. Restableceu o réxime monárquico e ocupou a rexencia (1920-1944). Durante a Segunda Guerra Mundial practicou un dobre xogo entre os aliados e o Reich que o levou a ser encarcerado polos alemáns. Rematado o conflito, os aliados forzaron o seu exilio a Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exclamación hebrea de loanza a Deus recollida pola liturxia cristiá e xudía.

    2. Himno eclesiástico que se canta o domingo de Ramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa albergada ou criada nun hospicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción renacentista situada na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Foi fundado en 1499 como hospital de peregrinos polos Reis Católicos despois da súa visita á cidade. En 1501 comezaron as obras baixo as trazas outorgadas polos irmáns Enrique e Antón Egas que crearon unha nova tipoloxía hospitalaria. Iniciado en estilo plateresco, consta dunha capela de planta de cruz latina ao redor da que se sitúan dous patios aos que se abren as dependencias masculinas e femininas. Na capela destaca o ciborio plateresco. Non se mantén a estutura orixinaria dos primeiros patios que co tempo se converteron en catro, coñecidos co nome de evanxelistas. No s XVI Rodrigo Gil de Hontañón reedificou, aínda que mantivo a súa estrutura, os patios dianteiros, os de Marcos e Xoán, con características do Renacemento salmantino. No s XVIII, frei Manuel de los Mártires edificou os patios posteriores, os de Mateo e Lucas, en estilo barroco compostelán. A portada iniciouse en 1519 baixo a dirección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. Construída a finais do s XII, foi unha encomenda da orde de San Xoán. Consta de ábsida e nave de maior altura. A ábsida é pentagonal no interior e semicircular no exterior; no testeiro consérvanse tres ventás formadas por unha tripla arquivolta, no interior o tramo recto cóbrese con bóveda de canón e a cabeceira é tripartita. No interior da nave atópanse dúas portas tapiadas no muro esquerdo que comunicaban coas dependencias da orde. No muro esquerdo consérvase un arcosolio coa estatua xacente do comendador frei Álvaro Quiroga. No lado S atópase unha porta formada por unha arquivolta dobre apoiada en columnas acobadeladas e co tímpano liso. A portada principal, enmarcada por dous contrafortes, está formada por catro arquivoltas que se apoian en columnas de fustes lisos e capiteis sinxelos, no tímpano ten gravada unha cruz de Malta. Da antiga fortaleza consérvase unha torre exenta de base cadrada e dous pisos á que se accede por unha porta de arco apuntado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Quiroga. Consta de tres naves, comunicadas por arcos de medio punto apoiados en piares e pilastras, e dunha ábsida rectangular de orixe románica do s XIII. A capela maior foi remodelada no s XVIII. Cómpre destacar a capela dos Enterramentos en que se conservan arcosolios, entre os que destaca o que acolle un escudo cunha inscrición que alude a Antonio Quiroga, comendador da orde de Santiago, e o que conserva unha estatua xacente dun cabaleiro armado cunha inscrición gótica. Na ábsida consérvanse laudas sepulcrais, cinco delas con escudo e inscrición. Os retablos son barrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pedrafita do Cebreiro. Consta dunha nave con presbiterio de arco triunfal e bóveda de medio punto. Os pés teñen o corpo da torre cun pórtico formado por catro piares e catro vans de medio punto. A porta principal ten sección rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi pintor de cámara do Rei Filipe V de España (1715). Cultivou temas mitolóxicos (Bacanal, 1719), o retrato (Don Luís, príncipe de Asturias, 1717), temas relixiosos (Sagrada Familia con san Xoán, 1726) e a paisaxe (Vista de El Escorial). Seu pai, René-Antoine Houasse (París 1644-1710), participou na decoración de Versailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Recibiu o Prix de Rome (1764-1768). Foi un grande anatomista, feito que reflectiu entre outras obras en L’Écorché (1766) e Diane (1781) e nos retratos que fixo da burocracia intelectual. Foi autor, entre outros, dos bustos de Diderot (1771), Sophie Arnould (1775), Franklin (1778) e Voltaire (1788). En 1785 realizou unha estatua de George Washington para o Capitolio de Virginia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Latinista, escribiu A Shropshire Lad (1896), Last Poems (1922) e More Poems (1936), baladas dun estilo depurado e preciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad de Madrid, situado ao S da serra de Guadarrama (6.175 h [2001]). A economía é principalmente agrícola, aínda que tamén destaca a apicultura e a gandería. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. Membro do secretariado central das xuventudes do Partido Comunista (1933), dirixiunas a partir de 1952, pero houbo de abandonar o cargo en 1966 trala súa oposición á Revolución Cultural. Reapareceu en 1972 á sombra de Deng Xiaoping e converteuse en secretario xeral do Politburó (1978-1980) e secretario xeral do partido (1980 e 1982-1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte dos Andes, situado no departamento peruano de Pasco. Culmina aos 5.748 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (22.131 km2; 423.041 h [1998]). A súa capital é Huancavelica (35.123 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO