Hospital, San Salvador do
Hospital, San Salvador do
Igrexa parroquial situada en Quiroga. Consta de tres naves, comunicadas por arcos de medio punto apoiados en piares e pilastras, e dunha ábsida rectangular de orixe románica do s XIII. A capela maior foi remodelada no s XVIII. Cómpre destacar a capela dos Enterramentos en que se conservan arcosolios, entre os que destaca o que acolle un escudo cunha inscrición que alude a Antonio Quiroga, comendador da orde de Santiago, e o que conserva unha estatua xacente dun cabaleiro armado cunha inscrición gótica. Na ábsida consérvanse laudas sepulcrais, cinco delas con escudo e inscrición. Os retablos son barrocos.