"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Junín, Perú (305.039 h [1998]). Situada na Cordillera Central dos Andes, a máis de 3.200 m de altitude, é o principal centro comercial dos Andes centrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Río Amarelo Río de China. Nace no altiplano do Tibet, a 4.500 m de altitude. O seu curso, de 4.845 km, atravesa as rexións palustres de Hin-ko-hai, Oring Nor e Tsaring Nor, así como o macizo de A-mi-na-k’ing. No seu curso medio muda de dirección e corre cara ao altiplano de Mongolia, para adoptar a dirección N-S ao encaixarse na fosa tectónica de Qin Ling. Desemboca a través dun gran delta no mar interior de Bo Hai, despois de drenar unha conca de 771.000 km2. A gran cantidade de loess aluviais que arrastra tingue as súas augas da cor que lle deu a súa denominación.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Perú (36.887 km2; 747.263 h [estim 1998]). A súa capital é Huánaco (129.688 h [estim 1998].
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte do departamento de Ancash, Perú, situado na cordilleira dos Andes. Cos seus 6.746 m de altitude constitúe o teito do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soberano inca (1493-1525), fillo de Túpac Inca Yupanqui. Dominou as tribos no N do Imperio ata Chapapoyas e Mayopampa (NL do Perú). Trala súa morte, os seus fillos Atahualpa e Huáscar dividiron o seu imperio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista. Discípulo, na Universidade de Zúric, de J. Jud, A. Steiger e M. Leumann, foi profesor das universidades de Berna e Heidelberg. Desde a década de 1950 publicou numerosos estudios sobre os elementos preindoeuropeos, principalmente das linguas románicas. Investigou tamén o éuscaro e ocupouse da metodoloxía da investigación etimolóxica e da toponimia prerromana. Colaborou na Enciclopedia Lingüística Hispánica (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Tui. En 1856 foi ordenado sacerdote e en 1881 foi promovido á diocese de Tui. Fundador da Asociación de Salvamento de Náufragos para socorrer os mariñeiros, foi un activo carlista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Guatemala (7.400 km2; 879.987 h [estim 2000]). A súa capital é Huehuetenango (19.922 h [1994]).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao S de Aranjuez (1.711 h [2001]). Posúe agricultura, cunha produción predominante de cereais e gandería. Destaca a elaboración de viños. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas do castelo de Valdecarábanos (s XII) e a igrexa de San Nicolás de Bari (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista Xeral de Galicia. Foi xuíz eclesiástico e visitador do arcebispado de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Anales del Reino de Galicia (1733-1736), nos que incluía abundantes datos sobre a xeografía, a historia e a arqueoloxía de Galicia, e España primitiva, historia de sus reyes y monarcas desde su población hasta Cristo (1738-1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigador cinematográfico. É catedrático de Historia do Cine do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Diplomado en Cinematografía pola Cátedra de Historia e Estética da Cinematografía da Universidade de Valladolid, desenvolveu un importante labor académico e investigador coa publicación de numerosos artigos e estudios sobre o medio cinematográfico. Neste aspecto destaca a súa dirección de diversos e importantes proxectos de investigación no seo da Universidade de Santiago de Compostela, con publicacións derivadas dos mesmos, como Catálogo dos fondos cinematográficos nos arquivos públicos galegos (1990), Fontes e documentos sobre cine en Galicia nos arquivos da Administración Central (1992), Filmografía Galega. Longametraxes de Fición (1998) e Filmografía Galega. Curtametraxes (2002). Outras das súas liñas de investigación foron as relacións entre historia contemporánea e cine, o estudo dos xéneros cinematográficos e a reflexión sobre o cine histórico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Despois da Guerra Civil española, exerceu como redactor do xornal La Región e como colaborador de Radio Orense. Posteriormente, foi redactor xefe do Diario de Pontevedra, colaborador do informativo Meta-Antena de Galicia e da revista Vieiros de México, e redactor xefe de Faro de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é profesor na facultade de Belas Artes de Pontevedra. En Ourense relacionouse con Xaime Quessada, Virxilio, Acisclo Manzano e outros artistas. A súa obra inicial recibiu a influencia do
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao NL da capital (1.812 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Eduardo Galeano, foi redactor xefe do diario La Marcha (1960-1964), director de Época (1964), e en Bos Aires fundou e dirixiu a revista Crisis. Na súa obra pretendeu reflectir a intrahistoria dos pobos e das xentes de América Latina en base a pequenas historias. Escribiu Los días siguientes (1963), Guatemala, país ocupado (1967), Las venas abiertas de América Latina (1971), Días y noches de amor y de guerra (1978) e Patas arriba. La escuela del mundo al revés (1998). A súa triloxía Memoria del fuego, composta por Los nacimientos (1982), Las caras y las máscaras (1984) e El siglo del viento (1986), foi premiada polo Ministerio de Cultura de Uruguay e recibiu o American Book Award da Washington University.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abade de Cluny (1049). Tamén coñecido como santo Hugo o Grande, foi un dos principais reformadores medievais da vida monástica. Foi un dos fundadores da gran basílica de Cluny (1080) e, desde ela, promoveu e estendeu a reforma de Cluny e organizou a peregrinación a Compostela. Na iconografía viste roupas de abade, co báculo abacial, e represéntase falando cos dous papas que foran monxes baixo a súa autoridade, Gregorio VII e Urbán II, dos que foi conselleiro. A súa festividade celébrase o 29 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Grenoble (1080). Na iconografía represéntase como bispo ou co hábito branco dos cartuxos e leva como atributos un cisne e un estandarte con sete estrelas. A súa festividade celébrase o 1 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lincoln (1188). Mandou construír a catedral de Lincoln. Loitou contra a simonía e defendeu os dereitos da Igrexa fronte aos reis de Inglaterra. Na iconografía leva vestiduras de bispo ou de cartuxo e, como atributos, o cisne e tamén un cáliz co neno Xesús dentro. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque (956-987) e rei de Francia (987-996), fillo de Hugo II de Borgoña. De nome Hugo Capeto, posuía diversos feudos ao redor de París e Orléans que lle permitiron, trala morte do derradeiro rei carolinxio Luís V (987), gañar a elección ao trono. Foi o iniciador da dinastía dos Capetos no trono francés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal (1049-1098). Monxe de Remiremont, á fronte da igrexa alemá apoiou o Emperador Enrique IV contra o Papa Gregorio VII. Apoiou o nomeamento do antipapa Clemente III (1080).
VER O DETALLE DO TERMO