Hughes Galeano, Eduardo
Xornalista e escritor. Coñecido como Eduardo Galeano, foi redactor xefe do diario La Marcha (1960-1964), director de Época (1964), e en Bos Aires fundou e dirixiu a revista Crisis. Na súa obra pretendeu reflectir a intrahistoria dos pobos e das xentes de América Latina en base a pequenas historias. Escribiu Los días siguientes (1963), Guatemala, país ocupado (1967), Las venas abiertas de América Latina (1971), Días y noches de amor y de guerra (1978) e Patas arriba. La escuela del mundo al revés (1998). A súa triloxía Memoria del fuego, composta por Los nacimientos (1982), Las caras y las máscaras (1984) e El siglo del viento (1986), foi premiada polo Ministerio de Cultura de Uruguay e recibiu o American Book Award da Washington University.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montevideo