"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • RIOS

    Río que nace na parroquia de Bretoña (A Pastoriza), baña parte da parroquia de Aldurfe (Riotorto) e da Aguarda (A Pastoriza) e desemboca pola dereita do Miño na parroquia de Crecente (A Pastoriza). Ata a parroquia da Aguarda recibe o nome de Miñotelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino derivado do grego do Novo Testamento Magdalene, que pasou ao latín eclesiástico como Magdalena, sobrenome étnico ou xentilicio feminino (‘natural de Magdala’, cidade palestina). Presenta a variante Madanela e os hipocorísticos Mada, Lena e Malena. A difusión deste nome débese fundamentalmente a María Madalena, discípula de Xesús, que é venerada como santa pola Igrexa Católica. Santa María Madalena é titular de 39 parroquias e a súa festividade celébrase o 22 de xullo. Santa Madalena de Pazzi celébrase o 25 de maio. Na tradición oral recóllense ditos como “Chorar coma unha Madalena. Pola Madalena recata ben pola figueira. Entre santa Ana e a Madalena baleira a túa eira. Pola Madalena ceifadores polas leiras. Pola Madalena enche o carolo a nogueira. Pola Madalena a abelá vai chea”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada en Mourence (Vilalba), sobre o río Ladra. Era utilizada como conexión entre Vilalba e As Pontes de García Rodríguez. Realizada en cantería, está composta por dous vans de arcos oxivais e tallamares triangulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada en Ribadelouro (Tui), sobre o río Louro. Datada no s XVIII, está realizada en cantería e ten un só van.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Madaleniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último período do Paleolítico Superior. O nome deriva do xacemento francés de La Madeleine. Desenvolveuse durante un período climático frío, correspondente á derradeira glaciación (Plistoceno), entre 17000 e 9500 a C. Unha das características técnicas do período é a abundancia de ósos e cornos para fabricar instrumental, entre os que destacan os arpóns. A arte foi moi importante e sobresaen as pinturas rupestres nas covas (Altamira), que representan o período de plenitude da pintura paleolítica. En Galicia existen relacións coa área cántabra e os xacementos máis ricos atopáronse nas chairas de Abadín, Vilalba ou Xermade. Neste último lugar, no xacemento do Abrigo da Pena Grande de Férvedes, encontrouse un colgante lítico da época con decoración lineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da provincia Sassari, na rexión de Sardeña, Italia, situado no Mar Tirreno (11.024 h [1990]). Está formado por sete illas: La Maddalena, Caprera, Santo Stefano, Spargi, Budelli, Santa Maria e Razzoli. A pesca e o turismo son as fontes de riqueza principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao N do río Guadiana e regado polo seu afluente, o Ruecas (2.115 h [2001]). É un termo agrícola con industria da cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao madrigal.

    2. Que ten carácter amoroso e galante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Colombia que nace nos Andes, entre a Cordillera Central e Oriental, no Páramo de las Papas a 3.600 m de altitude. Leva unha dirección N, e despois dun percorrido de 1.550 km desemboca en delta no Mar Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (23.188 km2; 1.284.135 h [estim 2000]). A capital é Santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cilindro de masa medicamentosa do que se obteñen as pastillas facendo rolar o produto primitivo sobre unha superficie plana e practicando nel cortes transversais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Estudiou as enfermidades mentais, o alcoholismo e a epilepsia. Destacan as súas obras Étude expérimentale et clinique sur l’alcoolisme (1871), Recherches sur les centres nerveux (1876) e Traité sur les maladies mentales (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Pasou a maioría da súa vida artística en Milán. Na súa pintura destaca o dramatismo e tenebrismo, con ruínas poboadas por pequenos personaxes como xitanos, monxes ou bruxas, executados cunha pincelada breve e brillante. Realizou as catro escenas do convento (1711-1735), hoxe abadía de Seitenstetten e O refectorio dos frailes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Realizou a volta ao mundo (1781-1782) e, ao servizo de España participou en diversas expedicións científicas (1782-1789) entre as que se atopaba unha patrocinada polo goberno (1789-1794). Os informes que recolleu en Viaje político-científico alrededor del mundo (1885), esixían grandes reformas das colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Maldivas (74.497 h [2000]). A principal actividade económica baséase nas exportacións de produtos derivados da agricultura e da pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Foi defensor dunha postura iconográfica estrita, que fai da obra de arte un documento secundario e da idea ou o personaxe que representa, o verdadeiro suxeito de estudio. Centrouse na análise do momento medieval, sobre todo o gótico. Da súa produción destacan L’art religieux du XIII siècle en France (1899), L’art religieux de la fin du Moyen Âge en France (1908) e Arts et artistes du Moyen Âge (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun material de deformarse dunha maneira permanente en forma de láminas, pola acción dun esforzo externo. É unha propiedade característica de moitos metais: ouro, prata, cobre, cinc, chumbo ou ferro. Os esforzos que dan orixe á deformación son esforzos de compresión, que poden ser producidos mediante un martelo, unha prensa ou a presión de dous cilindros. A maleabilidade, como a dutilidade, é función da curva de esforzo-deformación. Nun metal, aumenta coa temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha maleabilización.

    VER O DETALLE DO TERMO