Maddalena, La

Maddalena, La

Arquipélago da provincia Sassari, na rexión de Sardeña, Italia, situado no Mar Tirreno (11.024 h [1990]). Está formado por sete illas: La Maddalena, Caprera, Santo Stefano, Spargi, Budelli, Santa Maria e Razzoli. A pesca e o turismo son as fontes de riqueza principais.