"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e pintor estadounidense. Está considerado como o creador da tradición dramática dos EE UU, pois adaptou, traduciu e escribiu máis de cincuenta obras, entre as que destacan The Father (O pai, 1799), The Glory of Culumbia (A gloria de Columbia, 1803) ou A Trip to Niagara (Unha viaxe ao Niágara, 1808). Como produtor e director do Park Theatre (1798-1805, 1806-1811) promoveu a posta en escena de espectáculos creados a partir de textos de novos autores americanos que reflectisen temáticas locais e propias, como o nacemento e a construción da nova nación. Iniciou a súa carreira artística como pintor, logo de adquirir a súa formación académica en Inglaterra. Foi profesor de pintura na National Academy (1830-1839), participou na fundación da National Academy of Design (1826) e dirixiu a Academy of Beauty Arts (1817). Escribiu History of the Rise and Progress of the Arts of Design in the United States (Historia do nacemento e do progreso das artes do...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, situada no val do río Dāmodar (415.986 h [1991]). É un destacado núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación de efluvios eléctricos no tratamento das enfermidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles representado na Península Ibérica pola cobra riscada e a cobra de Esculapio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos micorrízicos de carpóforos globosos ou ovoides, de ata 40 mm de diámetro, de superficie externa de cor acastañada, con pequenos gránulos ás veces piramidais. A gleba é de cor negra violácea e na madurez do cogomelo vólvese pulverulenta. En Galicia está presente a especie E. granulatus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de cérvidos ao que pertence o cervo do padre David.
-
-
Relativo ou pertencente aos elápidos.
-
Serpe da familia dos elápidos.
-
Familia de réptiles á que pertencen cobras, mambas e serpes de coral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en electroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uso terapeútico da electricidade. Son numerosos os efectos beneficiosos que pode ter a aplicación de correntes eléctricas de todo tipo, as correntes continuas permiten introducir ións no organismo (ionoterapia) e diminuír a excitabilidade nerviosa, as correntes de alta frecuencia e os ultrasóns producen efectos sedantes, os xeradores de alta frecuencia dan calor intratisular, a electrólise por galvanocauterio e a electrocoagulación teñen efectos destrutivos, e os electrochoques, a galvanización e a faradización teñen efectos excitocondutores.
-
PERSOEIRO
Escritor. De ideas republicanas, foi capitán de granadeiros en tempos de Napoleón III. Cultivou a poesía bucólica, erótica e política e deixou inacabada unha novela curta. Obtivo numerosos premios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Absorber un líquido un corpo.
-
Recoller un líquido con algo que o absorba.
-
-
Mollar un líquido completamente algún corpo.
-
Impregnar algo nun líquido.
-
-
Impregnarse completamente dun líquido.
-
-
-
Acción e efecto de empapelar.
-
Revestimento de papel, especialmente das paredes dunha casa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica a empapelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revestir algo de papel.
-
-
Quedar atrancada a comida na gorxa.
-
Atrancarse o arado mentres labra.
-
Quedar sen forzas para poder continuar desenvolvendo un traballo.
-
-
-
de encapelar ou encapelarse.
-
Remate dunha obra ou dun palleiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto do mastro en que se xuntan os cabos que o sosteñen.