"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Construción situada en Ourense. As obras da construción orixinal deberon comenzar durante a metade do s XV, por orde de Sueiro de Oca. No s XVI, Álvaro de Oca Sarmiento ordenou a súa reconstrución ao canteiro Antonio Díaz, en estilo plateresco, aínda que o pazo foi reformado e ampliado en posteriores ocasións. A fachada presenta características góticas, como a verticalidade, a tipoloxía dos escudos ou as columnas balaustradas. A portada é rectangular e arquitrabada, enmarcada por baquetas. No segundo andar abríronse catro balcóns voados sobre ménsulas, con balaustradas de pedra tallada. Rodeando ao que está sobre a portada principal, colocáronse tres escudos de armas. O interior organizouse ao redor dun patio cuberto, de dous andares. O de abaixo, conta con oito piares octogonais e o superior con esveltas columnas toscanas. Destacan os brasóns das pilastras, a escalinata e unha fonte de mármore de Carrara, que procede de Oseira. Pertenceu aos Oca, Valladares e Samiento e en 1850 converteuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor dinamarqués. Tratou con Goethe, Fichte, Schleiermacher, De Stäel e Thorwaldsen nunha viaxe por Alemaña. Á volta da mesma foi nomeado profesor de estética da Universidade de Copenhague (1809). Converteuse nun dos máximos románticos escandinavos e nun decisivo renovador da literatura danesa. Da súa produción, marcada polo gusto polo fantástico, fundamentado nas lendas nórdicas e na historia europea, cómpre salientar Digte (Poesías, 1803) e Poetiske Skrifter (Escritos poéticos, 1805), que inclúen o drama “Aladdin”. Da súa produción novelística destacan Helge (1814) e Nordens Guder (Os deuses do Norte, 1819), e as traxedias Palnatok (1809) e Axel og Valborg (1810). Arrastrado á loita contra as novas correntes introducidas por Heibert, escribiu Ørvarodds Saga (A saga dos Ørvarodds, 1841).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo dos oito deuses primordiais, como método de simbolizar a duplicación do concepto de totalidade. Segundo a teoloxía elaborada polo santuario de Hermópolis, eran catro parellas creadas polo deus Thot: Nun e Naunet; Heh e Hehet; Kek e Keket; Ammón e Amonet. A última parella é variable, dependendo dos textos e do período. As catro parellas enxendraron un ovo do que saíu o Sol, Ra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade de líquido ou comida que colle nunha ola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período de catro anos (cinco, segundo a maneira de contar clásica) comprendido entre dúas celebracións consecutivas de xogos olímpicos na Antigüidade grega. Malia que na obra de escritores da época clásica (como Tucídides) o termo xa aparece como referencia cronolóxica, foi o historiador Timeo (ss IV-III a C) o primeiro que o adoptou e empregou dun xeito científico como elemento de cómputo cronolóxico. Parece que foi Eratóstenes quen divulgou o seu uso. Acéptase como primeira data da primeira olimpíada o ano 776 a C.

    2. xogos olímpicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición atlética que se pretendeu celebrar en Barcelona en xullo de 1936, como protesta contra os Xogos Olímpicos de Berlín do mesmo ano, utilizados propagandisticamente por A. Hitler. Funcionaron dous comités deportivos, organizados en maio de 1936, en Madrid e Barcelona. Ademais do carácter antifascista da manifestación, pretendíase facer unha popularización do deporte. Lluís Companys foi nomeado presidente de honra e no seu financiamento interviron a Generalitat de Catalunya, o goberno de Madrid e o de París. Inscribíronse como participantes atletas de países como Francia, EE UU, Alxeria, Inglaterra, Bélxica, Canadá, Suíza, Marrocos, Grecia, Suecia ou Noruega, facendo un total dunhas 5.000 persoas. Programada do 19 ao 26 de xullo, tivo que ser suspendida por culpa do levantamento militar do día 19. Algúns atletas incorporáronse á loita o mesmo día 19.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasada rápida da vista que se fai sen poñer demasiada atención.

    2. Maneira de mirar ou expresión dos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feixe de calquera cousa que se pode levar ao ombro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Onda de gran tamaño.

      2. Sucesión continuada de ondas no mar.

    1. Cousa que se move en vagas.

    2. Fenómeno atmosférico que produce unha variación repentina na temperatura dun lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda e pouco persistente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da Antártida, constituído por catro illas desérticas e algúns escollos rochosos, situado a 1.350 km de Tierra del Fuego (622 km2). Dispútano Inglaterra, que as consideran unha dependencia das illas Malvinas, e Arxentina, que mantén nel un observatorio meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda coordenada dun punto do plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá coa man na orella.

    2. Tirón de orellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proído producido polo contacto coas ortigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran cantidade de ourizos, sobre todo aqueles que cobren o chan despois de baloirar o castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Codeseda (A Estrada), no límite co concello de Cerdedo. O seu cumio acada os 656 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lebres (Trasmiras). O seu cumio acada os 782 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Época do outono ou clima propio dela.

    2. Colleita que se fai no outono.

    3. Sementeira que se fai no outono.

    4. Abundancia de herba fresca que se dá no outono.

    VER O DETALLE DO TERMO