Oca-Valladares, pazo dos

Oca-Valladares, pazo dos

Construción situada en Ourense. As obras da construción orixinal deberon comenzar durante a metade do s XV, por orde de Sueiro de Oca. No s XVI, Álvaro de Oca Sarmiento ordenou a súa reconstrución ao canteiro Antonio Díaz, en estilo plateresco, aínda que o pazo foi reformado e ampliado en posteriores ocasións. A fachada presenta características góticas, como a verticalidade, a tipoloxía dos escudos ou as columnas balaustradas. A portada é rectangular e arquitrabada, enmarcada por baquetas. No segundo andar abríronse catro balcóns voados sobre ménsulas, con balaustradas de pedra tallada. Rodeando ao que está sobre a portada principal, colocáronse tres escudos de armas. O interior organizouse ao redor dun patio cuberto, de dous andares. O de abaixo, conta con oito piares octogonais e o superior con esveltas columnas toscanas. Destacan os brasóns das pilastras, a escalinata e unha fonte de mármore de Carrara, que procede de Oseira. Pertenceu aos Oca, Valladares e Samiento e en 1850 converteuse en sede do Liceo Recreo Orensano. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2002.

Palabras veciñas

Oca Sarmiento, Diego de | Oca, pazo de | Oca, Santo Estevo de | Oca-Valladares, pazo dos | Ocagne, Maurice d’ | OCAM | Ocampo