"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • monolingüismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que defende a unión de dous ou máis estados ou partidos.

    2. Movemento de busca da unidade entre os cristiáns das diferentes denominacións e igrexas, aparecido entre os católicos na primeira metade do s XIX.

    3. Tendencia política dos partidarios da unión de Gran Bretaña e Irlanda. Iniciouse coa oposición dun sector do partido liberal á aceptación do Home Rule de Irlanda por Gladstone (1885), que levou á creación do Liberal Unionist Party (1886). Despois dun proceso de colaboración e alianzas electorais cos conservadores, fusionáronse en 1911 no Conservative and Unionist Party.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que nega o dogma da Trindade. Afirma a unidade absoluta da persoa divina e nega tanto o misterio da Trindade como os dogmas da encarnación e da deidade de Xesús Cristo. Foi defendida por Miguel Servet en España, por G. Bilde en Reino Unido (s XVIII) e difundida en América a partir do s XVIII como doutrina e tamén como seita (s XIX), por obra de W. E. Channing. Atopou en R. W. Emerson a un dos seus principais representantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia política proclive á centralizacion do poder dun estado ou dos estados membros dunha mesma comunidade internacional.

    2. unitarianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de universal.

      1. Doutrina oposta ao particularismo, en virtude do que se considera unha relixión como radicalmente aberta a todos os homes, pobos e razas. Está tipicamente representada polo cristianismo.

      2. Actitude, referida primordialmente á política, tendente á unificación de todos os pobos e estados do mundo e, consecuentemente, á eliminación dos obstáculos que impiden a súa mutua relación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Homosexualidade, especialmente a masculina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia e técnica da ordenación das cidades e o territorio. Polo seu carácter multidisciplinar, debe ser contemplado desde a achega de diferentes ramas do coñecemento: arquitectura, xeografía, administración pública, historia, ecoloxía, enxeñaría e outras. Diferéncianse tres modelos de interpretación do modo de concibir a construción das cidades. Nun primeiro lugar está o urbanismo como creación artística, a idea da cidade como obra de arte que se repite no mundo clásico, no Renacemento e no Barroco, e que forma parte tamén de concepcións morfoloxistas modernas que atribúen unha maior importancia ás formas antes que á función ou a compoñente social. En segundo lugar está a idea de cidade en construción, que ten que ver coa racionalidade científico-técnica. Neste caso, a cidade contémplase como un problema que debe resolverse xuntando para a súa solución diferentes perspectivas. Nun principio esta racionalidade sería meramente xeométrica, cos proxectos de Tales de Mileto, as bastidas da...

    2. Rama do dereito administrativo que establece o réxime xurídico, o uso e o aproveitamento urbanístico do solo articulando un conxunto de instrumentos e técnicas de ordenación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia a buscar a utilidade das cousas.

    2. Doutrina filosófica que fundamenta o sistema moral no principio da utilidade, individual ou xeral. Xurdiu en Reino Unido a finais do s XVIII e os seus máximos representantes foron Jeremy Bentham, James Mill, John Stuart Mill e Herbert Spencer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina husita que defendía a administración da comuñón aos fieis baixo ambas as dúas especies (in utraque specie), o pan e o viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gnosticismo propio dos discípulos de Valentín, principalmente Ptolomeo, Heracleón, Teodoto ou Marcos. É unha teodicea filosófico-relixiosa onde se articulan estreitamente cosmoloxía e antropoloxía, que se fundamenta en tres hipóstases intelixibles: o primeiro principio ou abismo, o intelecto ou unixénito e a alma ou sabedoría. Da alma emanan en sucesivas degradacións a substancia psíquica, o demiúrgo, a materia e o mundo. O home participa dos tres elementos: intelixible, psíquico e material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conduta da persoa que actúa como un vampiro.

    2. Manifestación de tipo sádico que proporciona pracer erótico e sexual á persoa que goza coa mutilación de cadáveres ou a práctica do coito con eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico co que se coñece un conxunto de correntes estéticas que evidencian a crise das artes no mundo occidental a comezos do s XX. Os primeiros sinais da crise localízanse nos artistas do impresionismo e do simbolismo. Os aspectos máis notables desta crise foron: o rexeitamento dos esquemas culturais elaborados pola burguesía na Belle Époque; o intento de destrución da arte no sentido tradicional; a procura de novas formas expresivas; a asimilación de culturas afastadas; o inconformismo social; a incorporación das novas formas da sociedade industrial á creación artística e o uso de métodos de traballo freudianos. Os movementos de vangarda, iniciados cara ao ano 1905, acadaron a máxima violencia entre os anos 1916 e 1925, e entraron en crise cara á década de 1930, polo menos como fenómenos dominantes. Xa na década de 1960 se produciu un novo movemento de destrución e de experimentación artística relacionable co modern style e con certas formas da cultura pop (carteis,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que propugna o recoñecemento político de Euskadi e que defende os seus valores históricos e culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espasmo doloroso da vaxina debido a unha hiperestesia local que dificulta ou impide o coito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión hindú, cuxo conxunto de ritos e crenzas están contidos nos Vedas. Este nome déuselle á tradición indoeuropea transformada polas tribos indoarias que invadiron o N da India a partir de 1500 a C. Sustentouse nun conxunto de mitos que poden clasificarse en tres categorías: soberanía, guerra e fecundidade. Considerou o sacrificio, non como un intermediario entre homes e deuses, senón como a divindade suprema, e unificou o panteón prevédico nunha múltiple triunidade, que se identificou na interpretación psicolóxica (adhyātma) do panteón co ātman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de alimentación vexetariana da que se exclúe calquera produto de orixe animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propensión a dar máis importancia, nun razoamento ou á hora da exercitación da memoria, ás palabras e non aos conceptos.

    2. Uso das palabras cunha aparente coherencia pero que oculta unha carencia total da verdadeira significación.

    3. Procedemento de ensino en que se cultiva con preferencia a memoria verbal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento literario que se difundiu en Italia durante o último decenio do s XIX e que tivo como modelos europeos o realismo ruso e inglés, e o naturalismo francés. Contribuíron a determinar os caracteres xerais da ideoloxía positivista, que opoñía ao elemento romántico-pasional a descrición científica da realidade, e a urxencia con que se impoñía, en toda Europa, a cuestión social. Luigi Capuana foi o teórico, e Giovanni Verga o seu representante máis destacado.

    2. Escola musical italiana xurdida no eido da ópera contra 1890, como resultado dunha evolución iniciada xa por Verdi, Boito e Ponchielli, pero manifestada por Pietro Mascagni, con Cavalleria rusticana, e Ruggero Leoncavallo, con I Pagliacci. Propugnaba o realismo escénico: supresión da abertura, numerosas personaxes episódicas, acción contemporánea -ou ben do s XVIII-, a utilización do intermezzo orquestral, “teatro dentro do teatro”, etc. Tiña como figura principal a Giacomo Pucini, seguido por U. Giordano, F. Cilea, F. Alfano e R. Zandonai. Fóra de Italia, o autor que máis influencia recibiu do verismo foi Jules Massenet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario de finais do s XIX que agrupou os poetas simbolistas partidarios das composicións escritas con versículos.

    VER O DETALLE DO TERMO