vedismo

vedismo

(< Veda)

s m [HIST/RELIX]

Relixión hindú, cuxo conxunto de ritos e crenzas están contidos nos Vedas. Este nome déuselle á tradición indoeuropea transformada polas tribos indoarias que invadiron o N da India a partir de 1500 a C. Sustentouse nun conxunto de mitos que poden clasificarse en tres categorías: soberanía, guerra e fecundidade. Considerou o sacrificio, non como un intermediario entre homes e deuses, senón como a divindade suprema, e unificou o panteón prevédico nunha múltiple triunidade, que se identificou na interpretación psicolóxica (adhyātma) do panteón co ātman.

Palabras veciñas

vedello | vedete | védico -ca | vedismo | vedor -ra | vedoría | Vedra