vedor -ra
vedor -ra
(< ver)
-
adx
Que ve ou mira con curiosidade as accións dos outros.
-
s
m
[HIST]
Criado que se encargaba da despensa, nas casas grandes.
-
s
m
[HIST]
Xefe segundo das cabalarías reais, que tiña ao seu cargo o axuste de provisións para os animais, así como a conservación das carruaxes e do gando.
-
s
m
[HIST/BÉL]
Oficial que se ocupaba da intendencia na administración das capitanías, no exército.
-
s
m
[HIST/DER]
Inspector público municipal encargado de velar polo cumprimento das normas gremiais e de inspeccionar os diversos oficios e obradoiros, durante a Idade Media e o Antigo Réxime.
-
s
Persoa que se encarga de supervisar a legalidade ou corrección de determinadas tarefas.