"PL" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 1539.

  • Cirurxía plástica que se practica no padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica da uretra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación ao NO da chaira rusa, nas oblasti de Leningrado, Novgorod, Tver, Pskov e Smolensk. Ten unha extensión de máis de 600 km. Nacen nela os ríos Volga, Dvina setentrional, Lovat’ e Msta Mologa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación plástica correctora dunha válvula, especialmente a cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio convocado polo ministerio de Cultura desde 2002 para recoñecer unha traxectoria creativa. Ademais do premio monetario, conleva a celebración dunha exposición antolóxica no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a potestade de elixir a un artista de menos de 35 anos para que lle sexa outorgada a bolsa Velázquez. Recibírono Ramón Gaya (2002), Antoni Tápies (2003), Pablo Palazuelo (2004) e Juan Soriano (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no Carballiño. Proxectada por Antonio Palacios de xeito gratuíto e financiada por subscrición popular, a súa construción iniciouse en 1943. Mesturou diferentes estilos arquitectónicos e escultóricos e concibiuse como unha grande igrexa de peregrinación medieval con xirola e capelas radiais, na que harmonizaban formas e elementos de estilos aparentemente opostos, como o románico (arcos) e o gótico (vidreiras, rosetóns). Destaca o xogo de volumes nas capelas, nas naves, na xirola e no cruceiro, sobre os que resalta a torre campanario. Os remates ameados conferíronlle un aspecto de fortaleza. Na construción dos muros empregouse cachotaría, e reservou a cantaría granítica para as esquinas e os contrafortes. Rematouse en 1957, aínda que dous anos despois continuouse con algunhas modificacións non previstas por Palacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das cantantes que interveñen nos números de conxunto nas zarzuelas, operetas e revistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade caracterizada por artralxias, dor abdominal, diarrea con esteatorrea e perda de peso, debida a unha obstrución linfática relacionada con microorganismos baciliformes aínda non identificados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico estadounidense. En 1950 adiantou unha teoría sobre a natureza do núcleo dos cometas   denominada modelo da bóla de neve sucia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico patólogo estadounidense. Fixo investigacións sobre a formación da hemoglobina e as enfermidades asociadas á súa carencia. Obtivo, xunto con Minot e Murphy, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1934), polos seus estudos sobre o tratamento das anemias perniciosas con extractos hepáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto preliminar dun protocolo para un Fondo Internacional de Estabilización de EE UU e os países asociados, presentado na Conferencia de Bretton Woods (1944) polo goberno estadounidense, como base dos acordos constitutivos do Fondo Monetario Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (458-471), escritor e teólogo. Tratou de reconciliar as tradicións grega e exipcia. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica reparadora dos xenitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica na que se reparan deformidades ou perdas de substancia nas meixelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de material xénico dunha célula con capacidade de autorreprodución e que se trasmite á descendencia a través das células xerminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo proposto por Owen D. Young (1874-1962) e subscrito en 1929, co fin de establecer de novo as normas das reparacións de guerra que os alemáns debían pagar aos aliados, posto que non se completara no Plan Dawes. A crise económica de 1929 anulouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana desde 1983, foi deputado no Parlamento autonómico (1991-2002) e presidiu a Comunitat Valenciana (1995-2002). Senador (2002-2004), foi ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2002-2004) e portavoz do goberno (2003-2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto constituído por organismos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO