"URA" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 1529.

    1. Tomar xuramento a alguén.

    2. Comprometerse varias persoas a realizar algo baixo xuramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compromiso solemne en que se pon como testemuña a un ser ou persoa sagrada.

    2. Expresión empregada para xurar.

    3. Insulto a un ser sagrado ou querido que ofende.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afirmar a verdade mediante un xuramento.

    2. Prometer ou afirmar algo mediante un xuramento.

    3. Facer un xuramento.

    4. Dicir insultos a unha persoa ou cousa sagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo sistema e período do Mesozoico, situado sobre o Triásico e baixo o Cretáceo, entre os 213 e os 140 millóns de anos BP. É un período caracterizado pola calma tectónica, e no que o mar invadiu tres veces os continentes. Durante o Xurásico, América do Norte estaba unida a Eurasia, América do Sur estaba illada, Australia permanecía unida á Antártida, e África e India estaban tamén illadas. O Océano Atlántico estaba en plena expansión, e o mar de Tetis formaba un enorme xeosinclinal que se enchía constantemente de sedimentos que deron lugar en períodos posteriores a importantes cadeas montañosas. A fauna xurásica é unha das máis ricas e mellor coñecidas. Predominaron os cefalópodos, os ammonítidos e os belemnítidos, ademais doutros moluscos, esponxas silíceas, corais, pterosauros e dinosauros. Os mamíferos aparecidos durante o Triásico diversificáronse en diversos grupos, como os simetrodontes, os pantoterios e os multituberculados. No límite xurásico-cretáceo apareceron os insectívoros....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Xurásico.

    2. Forma de relevo constituído por unha serie de dobramentos, que se caracterizan pola alternancia de capas de materiais duros e brandos, simples e paralelos. Denomínanse mont o anticlinal do dobramento e val o sinclinal. No cumio do anticlinal a erosión orixina na capa dura unhas cristas que limitan unha depresión (combe) nos materiais brandos, que ao ser escavados producen un mont derivé. Nos flancos dos anticlinais a erosión forma un val denominado ruz. A cluse é o paso aberto por un río no anticlinal. Aínda que este relevo se estudou na rexión do Xura, os exemplos máis representativos son os de Suíza, preto de Solothurn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Angkor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura preclásica do val de México (1500-800 a C) que toma o nome do seu depósito principal: unha pequena localidade que había ao redor do lago de Texcoco, sobre o que despois de seco se levantou a cidade de México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Asistiu a clases de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Recibiu a influencia do cubismo. Bo debuxante, as súas obras reflectiron o xogo de luces e reflexos cunha gama variada de cores. Destaca nos temas mariñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre con chanzos que ten forma dunha pirámide truncada á que se accede por medio de rampas e que acolle un templo no último piso ou terraza. É un elemento característico da arquitectura mesopotámica; a bíblica torre de Babel puido adoptar esta estrutura. Destacan as ruínas do cigurat de Ur.

    VER O DETALLE DO TERMO