"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Militar. Participou na Guerra de África e ascendeu a xeneral (1863). Subsecretario de Guerra (1864), combateu os revolucionarios de Madrid (1866), pero uniuse á Revolución de Setembro de 1868. Tenente xeneral (1872), foi capitán xeneral de Cuba (1873-1874). Volveu á Península Ibérica e ocupou o cargo de ministro da Guerra no primeiro goberno de Afonso XII (1874-1875). Capitán xeneral de Cuba (1876-1878) e Filipinas (1883-1885), volveu ocupar o ministerio da Guerra no primeiro goberno de P. M. Sagasta (1885-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia (22.113 h [2001]). Os seus viños, acollidos á denominación de orixe, constitúen o seu principal recurso económico, e conta con numerosas fábricas de licor. Do seu patrimonio cultural destacan as estacións rupestres, declaradas Ben de Interese Cultural (BIC), e o castelo do marqués de Villena (s XV), declarado BIC en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Republicano lerrouxista, colaborou en El Progreso e Galicia en Cataluña e, por motivos políticos, estableceuse en Barcelona. Publicou Elementos de ciencia gramatical de la lengua hispano-americana (1912 e 1914) e La cuestión pedagógica en España (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Espiritista francés. De nome Hippolyte Léon Denizart Rivail, fundou a revista Spirite e escribiu Le livre des esprits (1857), Le livre des médiums e L’Évangile selon le spiritisme (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema eritrocítico que se caracteriza pola presenza do aglutinóxeno K ou dun anticorpo de gran poder aglutinante anti-Cellano, que está presente nunha parte da poboación humana. Ten importancia nos estudios de isoinmunización e de identificación persoal.
-
ILLAS
Arquipélago da costa de Tunisia, situado diante de Safx e formado polas illas de Gharbi, Chergui e Kerkenna e un grupo de illotes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Stavanger 1849 - Mons 1906) Escritor noruegués. Trátase dun dos autores satíricos máis destacados da literatura norueguesa, tal e como reflectiu en Garman og Worse (1881), Else (1882) e Fortuna (1884).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(París 9.8.1905 - 16.8.2001) Escritor, pintor e escultor. Comezou os seus traballos artísticos en 1967, aínda que a sona internacional chegoulle en 1982 gracias á súa participación na Documenta 7. Participou no círculo literario de Rainer M. Rilke, André Gide, Pierre Bonnard e Georges Bataille, e colaborou cos realizadores cinematográficos Raúl Ruiz e Pierre Zuca. Traduciu e interpretou a Sade e a Nietzsche e escribiu Sade mon prochain (1947) e a triloxía Les Lois de l’hospitalité (1965).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Mošovce, Eslovaquia 1793 - Viena 1852) Poeta. A súa obra inicial foi a colección de sonetos, en checo, Slávy dcera (A filla do eslavo, 1824). Fundou o paneslavismo romántico e non chegou a comprender o movemento de emancipación nacional e lingüístico eslovaco, polo que se opuxo cunha serie de cancións nacionais (1834-1835).
-
ILLAS
Arquipélago de Rusia, na oblast’ de Sakhalin, situado entre a illa de Hokkaidō, Xapón, e a península de Kamčatka (15.600 km2 e 1.200 km de lonxitude). Está formado por máis de trinta illas e illotes, de orixe volcánica. O relevo é montañoso, e a máxima altitude acádase no monte Alaid (2.339 m alt). Colonizadas polo rusos no s XVIII, Xapón anexionou o arquipélago entre 1855 e 1875 e permaneceu no seu poder ata a fin da Segunda Guerra Mundial. Pola Conferencia de Crimea (1945), as illas volveron á URSS pero Xapón reivindicou a posesión das catro illas meridionais. A comezos da década de 1990 Xapón incrementou a presión diplomática para recuperalas e desde 1992 prestoulle axuda económica ao goberno ruso para acadar a súa devolución.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Peterburgo 1745 - Bunzlau 1813) Mariscal e estratega ruso, príncipe Smolenskij. Foi un dos fundadores da moderna arte militar rusa. Participou nas guerras turco-rusas (1768-1774 e 1787-1792). Nas campañas contra Napoleón I Bonaparte amosou unha gran habilidade: entregou Moscova para salvar o exército e obrigou os franceses a volver polas terras que devastaran, baixo un clima inhóspito e ataques constantes do exército e dos guerrilleiros rusos.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Niñodaguia e Texós (Baltar). O seu cumio acada os 812 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir con ladrillos unha superficie.
-
MONTES
Monte da parroquia da Vilavella (A Mezquita), situado no límite con Castela-León. O seu cumio acada 1.669 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade da provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. É a última localidade do Camiño da provincia de León, antes de entrar na provincia de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 1.069 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Sabugueira que pertence ao concello de Santiago de Compostela. Está integrado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago, e a orixe do nome pode estar en que alí os peregrinos facían un alto para asearse antes de chegar á cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aeroporto situado no concello de Santiago de Compostela. Está declarado desde 1995 de actuación conxunta civil-militar. A titularidade dos seus terreos repártese entre Aena e o ministerio de Defensa. A terminal de pasaxeiros rematouse de construír en 1969 e ampliouse en 1976, 1982 e 1993. Emprégase para tráfico regular e chárter, tanto nacional como internacional, e para aviación xeral. En 2001 acadou a certificación ISO 9001/2000. En 2003 rexistrou un total de 1.381.826 pasaxeiros.
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Vinculado á Universidad Complutense de Madrid, estivo relacionado coa dereita ideolóxica e financeira. Foi ministro de Xustiza (1976-1979), senador por designación real (1977-1979), deputado por Jaén (1979-1982) e presidente do Congreso de los Diputados (1979-1982). A crise de partido de UCD levouno en 1982 a asumir a presidencia, pero dimitiu e foi reelixido ata a disolución do partido en 1983, ano a partir do que foi membro do Consello de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO