Jovellar Soler, Joaquim

Jovellar Soler, Joaquim

Militar. Participou na Guerra de África e ascendeu a xeneral (1863). Subsecretario de Guerra (1864), combateu os revolucionarios de Madrid (1866), pero uniuse á Revolución de Setembro de 1868. Tenente xeneral (1872), foi capitán xeneral de Cuba (1873-1874). Volveu á Península Ibérica e ocupou o cargo de ministro da Guerra no primeiro goberno de Afonso XII (1874-1875). Capitán xeneral de Cuba (1876-1878) e Filipinas (1883-1885), volveu ocupar o ministerio da Guerra no primeiro goberno de P. M. Sagasta (1885-1886).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Palma de Mallorca

  • Deceso

    Lugar : Madrid