"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Calidade de inelegante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten elegancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inerrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode errar ou equivocarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir romana. Morreu degolada á idade de doce anos, durante a persecución de Diocleciano. É unha das santas antigas no culto hispánico (s VIII). A súa festividade celébrase o 21 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa deshonra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Primeiro período da existencia dunha cousa susceptible de desenvolvemento.

      2. Período da vida que comprende desde o nacemento ata a adolescencia e que adoita dividirse en primeira infancia e segunda infancia, separadas ambas as dúas pola aparición dos segundos dentes. A ciencia biopsicolóxica foi precisando a especifidade desta fase en relación coa adolescencia, a mocidade e o mundo adulto, e o estudo psicolóxico da infancia dividiuna en subperíodos e fixo unha descrición sintética sobre a base do interese dominante ou o trazo máis significativo, ou ben analizou as aptitudes, facultades e actitudes do neno de acordo co esquema científico elaborado polo adulto normal. Adolphe Ferrière distingue tres ciclos de interese: o dos diseminados e lúcidos (ata os 7 anos), o dos inmediatos (7-10 anos) e o dos especializados (10-12 anos), mentres que Édouard Claparère menciona catro: o dos perceptivos (primeiro ano), o dos glósicos (segundo e terceiro), o dos xerais, propio do desvelo intelectual (3-7 anos), e o dos especiais e obxectivos (7-8 anos). Kirpatrick...

    1. Conxunto dos nenos.

    2. Período da vida que comprende desde o nacemento ata a adolescencia suxeito a uns dereitos especiais, recollidos na Declaración Internacional dos Dereitos do Neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de territorios e bens atribuídos a un infante.

    2. Dignidade dun infante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título pertencente á rama principal dos Mendoza, concedido en 1475 a Diego Hurtado de Mendoza y de Figueroa, marqués de Santillana, Agüero e Campoo e conde do Real de Manzanares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae, en campo de ouro, tres faixas de goles. Outras variantes levan: en campo de ouro, un león sostendo coas gadoupas dianteiras unha cruz latina, posta en pao, todo de goles; en campo de ouro, cinco aguias de sable, colocadas en aspa; escudo cuarteado en cruz: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de ouro, cun crecente de azul, e segundo e terceiro cuarteis, en campo de prata, cunha aguia de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Título que reciben na Península Ibérica os fillos lexítimos non herdeiros ao trono dos monarcas e os fillos lexítimos do príncipe herdeiro. Durante a Idade Media nas coroas de Castela e Aragón os príncipes herdeiros tamén utilizaban o título de infante ata que se creou en Castela o título de Príncipe de Asturias (1388) e en Aragón o de duque de Girona. Desde 1623 o título de infante ten o tratamento de alteza real e serenísimo señor.

      2. infante de gracia/de privilexio

        Parente do rei, por liña agnada ou coagnada, que por graza real ostenta este título.

    1. Persoa que está na infancia.

    2. Soldado de infantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma combatente que tradicionalmente vai a pé e forma o núcleo principal do exército de terra. Historicamente as primeiras forzas de infantería foron, entre outras, os hoplitas e a lexión romana. Durante a Idade Media existiron importantes tropas de infantería como os arqueiros ingleses e os almogávares. Durante a Segunda Guerra Mundial xeneralizouse a infantería motorizada (en camións), mecanizada ou acoirazada (en vehículos blindados). A profusión das armas automáticas e a guerra nuclear impuxéronlle unha gran mobilidade.

    2. Conxunto de tropas que forman parte da Armada e reciben adestramento para efectuar desembarcos, ademais de prestar servicio en navíos e arsenais. Na monarquía hispánica contituíuse en 1537 e foi organizada por Filipe II. Experimentou unha profunda reorganización en 1717, coa formación do Cuerpo de Batallones de Marina. Despois da Primeira Guerra Mundial perdeu relevancia, pero trala creación do Grupo Especial Anfibio (1957), recuperou o carácter de forza de desembarco.

    3. Conxunto de tropas equipadas con armamento lixeiro, que efectúan servicios de descuberta, avanzada e guerrillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Celanova. As súas armas traen escudo partido e medio cortado; primeira partición, en campo de azul, con dez roeis de ouro; segunda partición, no alto, en campo de ouro, con catro faixas de goles, e no baixo, en campo de sinople, cunha torre de pedra con cachotería de sable, ameada, coa súa homenaxe, sobre unha rocha. Outra variante leva, en campo de ouro, un carballo de sinople, resaltado o tronco dun xabaril, de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortaleza situada en Castelo dos Infantes (Sarria). O seu nome pode derivar dos infantes de la Cerda que exerceron a soberanía nos señoríos de Lemos e Sarria. Atópase en ruínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cometeu infanticidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dar morte violentamente a un infante, especialmente acabado de nacer.

    2. Morte dada ao neonato pola nai ou polos ascendentes maternos para evitar a deshonra daquela. A maioría das lexislacións penais tipifican o infanticidio como delito propio, distinto do parricidio ou do asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á infancia ou aos nenos.

    2. Que se comporta coma un neno.

    3. Que está afectado de infantilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de infantil.

    2. Persistencia no adulto dos caracteres mofolóxicos do infante como talle pequeno, atrofia dos órganos xenitais, ausencia de caracteres sexuais secundarios e ás veces psiquismo infantil. Xeralmente débese ao hipotiroidismo e ao disfuncionalismo da hipófise (infantilismo hipofisario).

    3. Actitude propia dun neno que se mantén nunha idade posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da baixa nobreza nos reinos cristiáns medievais. Orixinariamente designaban os primados de palacio visigodos, pero a partir do s X concedéuselle este título a aquelas persoas que puidesen manter un cabalo de batalla e dispuxesen de armas para o combate.

    VER O DETALLE DO TERMO