infante -ta
infante -ta
(< lat infante)
-
[HIST]
-
s
Título que reciben na Península Ibérica os fillos lexítimos non herdeiros ao trono dos monarcas e os fillos lexítimos do príncipe herdeiro. Durante a Idade Media nas coroas de Castela e Aragón os príncipes herdeiros tamén utilizaban o título de infante ata que se creou en Castela o título de Príncipe de Asturias (1388) e en Aragón o de duque de Girona. Desde 1623 o título de infante ten o tratamento de alteza real e serenísimo señor.
-
infante de gracia/de privilexio
Parente do rei, por liña agnada ou coagnada, que por graza real ostenta este título.
-
s
-
s
Persoa que está na infancia.
-
s
m
Soldado de infantería.