"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático da Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Universidade da Coruña. Director de Relacións Institucionais do Banco Pastor, foi secretario da Universidad Internacional Menéndez Pelayo de Santander. Colaborador de diversas publicacións especializadas, como Eco-Revista Galega de Economía, colaborou, entre outras obras, en Estrutura económica de Galicia (1992), Manual Básico de Economía en Galego (1993), De la peseta al euro: reflexiones conceptuales y estratégicas (1998) e Una Galicia moderna, líderes empresariales gallegos (2002). Foi autor, entre outras obras, de Mundos lonxanos e próximos: A necesaria extensión da Galeguidade (1995), El déficit público y sus implicaciones en la gestión bancaria: la experiencia española (1985-1990) (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Tino Grandío, despois de acadar galardóns nas exposicións provinciais de Lugo de 1944 e 1945 acadou unha bolsa en 1949 da deputación lucense e trasladouse a Madrid, onde se relacionou con Cristino Mallo e outros artistas galegos. As súas primeiras obras foron escenas de xénero e costumistas tratadas cun colorido intenso e cunha rotundidade case escultórica na representación das figuras. Desde a década de 1950 a súa obra evolucionou cara a dúas correntes, a abstracción e a neofiguración, caracterizándose pola monocromía, xeralmente de grises e brancos, polas figuras pouco perfiladas sobre as que se estende a mancha da cor de xeito que semellan flotar ou vaporizarse no espazo e polo reiteramento dos temas, naturezas mortas, paisaxes, mariñas, escenas de interior, retratos e animais; no da abstracción cómpre destacar, entre outras obras, Vaca azul (1951) e a serie dos Espellos (1959-1961). No eido da figuración destacan, entre outras, Romaría...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de grandioso.
-
-
Que destaca polo seu tamaño.
-
Que causa unha grande impresión pola súa beleza, importancia ou calidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
brandoeiro.
-
PUNTA
Punta do fondo da ría de Arousa, na marxe meridional, no litoral da parroquia de Bamio, concello de Vilagarcía de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
grandura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamaño das cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-Ignace-Isidore Gérard.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División realizada no interior do hórreo.
-
-
Sen envasar nin empaquetar.
-
En gran cantidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao barco destinado ao transporte de cargas a granel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eugenio Fernández Granell.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mario Fernández Granell.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, drenado polo río Flumen, nos Llanos de la Violada (1.994 h [2001]). Destaca a agricultura e as industrias leiteiras. De orixes romanas, documéntanse por primeira vez en 1104 como cidade de reguengo e en 1785 adquiriu a categoría de vila. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida do parque de San Julián.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización agraria secreta norteamericana. Fundouna O. Hudson Kelly en Washington en 1867 co fin de defender os intereses agrícolas fronte aos especuladores e ás compañías de ferrocarrís.
-
GALICIA
Escultor. A súa formación foi autodidacta. Realiza unha obra de caracter figurativo, na que traballa a madeira, a pedra e o bronce cunha valoración do oco e do espacio. As súas últimas obras, realizadas en madeira e pedra, son multiposicionais, pois cada peza pode ter varias posicións. Realizou exposicións individuais e participou, entre outras mostras colectivas, en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, en Les Salons des Nations à Paris (1983), Galicia Terra Única (1997) e Colectiva Galaico Portuguesa (Chaves, 2002). Recibiu o Primer Premio del Instituto Social de Tiempo Libre (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
James La Blanche Stewart.
-
-
Tipo de valado ou cercado feito con grades.
-
Reixa fina feita con barras de ferro ou madeira.
-
Parte do lagar onde se colocan as uvas, mazás, olivas, etc, para ser prensadas.
-
Abertura pequena feita principalmente nunha porta ou parede para poder ver por ela.
-
balaustrada.
-
-
RIOS
Río de Asia Menor onde Alexandre o Grande venceu a Darío III en 334 a C. En 74 a C o xeneral romano Lúculo derrotou a Mitrídates VI no mesmo lugar.
VER O DETALLE DO TERMO