Grañén

Grañén

Municipio da provincia de Huesca, Aragón, drenado polo río Flumen, nos Llanos de la Violada (1.994 h [2001]). Destaca a agricultura e as industrias leiteiras. De orixes romanas, documéntanse por primeira vez en 1104 como cidade de reguengo e en 1785 adquiriu a categoría de vila. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Do seu patrimonio cultural destacan a ermida do parque de San Julián.