"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina sindical que propiciou a configuración da Organización Sindical Española durante o Franquismo. Pretendía fusionar os intereses sociais daqueles que interviñan no proceso de produción e superar os antagonismos de clase. Encadrou a empresarios e traballadores nun único organismo sindical que, sometido ás directrices gobernamentais e dirixido por militantes falanxistas, chegou a ser un medio de aplicación da política económica e social da ditadura e un instrumento de control do movemento obreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema ou réxime de alimentación que exclúe, máis ou menos radicalmente, o uso de alimentos de orixe animal. Algunhas doutrinas vexetarianas prohiben a carne e o peixe, pero toleran outros produtos animais como o leite ou os ovos. Outras, como o veganismo, prescinden totalmente dos produtos animais, agás, ás veces, do mel. Como terapia recoméndase en certas doenzas (renais, nerviosas, dixestivas ou artríticas) e en certos tratamentos.
-
-
masculinismo.
-
Hermafroditismo no que o individuo se considera feminino, pero ten xenitais externos masculinos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Habilidade extraordinaria na técnica dunha arte.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Coruña baixo a advocación de san Pedro. Ata 1910 pertenceu ao antigo concello de Oza.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tendencia filosófica que considera o mundo como un ser vivo. Relaciónase co animismo e comporta un desdebuxamento do límite entre a materia animada e a espiritual.
-
Doutrina filosófico-científica que establece os fenómenos biolóxicos como radicalmente irredutibles aos procesos físico-químicos. Oposto ao mecanicismo e tamén denominado neovitalismo, foi defendido, entre outros, por J. Reinke (1849-1931), J. von Uexküll (1864-1944) e, sobre todo, Hans Driesch (1867-1941).
-
Conxunto de tendencias filosóficas, xurdidas a finais do s XIX como reacción ao idealismo e ao positivismo. Xenericamente denominadas filosofía da vida, caracterízanse polo antirracionalismo e a afirmación do papel central que a vida individual humana ten no mundo. Os seus principais representantes foron F. Nietzche, W. Dilthey e H. Bergson.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de reprodución propia dos seres vivíparos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma do hinduísmo centrada no culto a Vixnu e nas súas encarnacións principais, Rāma e Krixna. Difundiuse por todo o N de India e engloba numerosas seitas filosóficas, sobre todo o viśi ṣṭ advaita de Rāmānuaja e o dualismo (dvaita) de Madhva, as formas devocionais de Śrinirāsa do país támil e do Sahajīya, de grande influencia tántrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema vocálico dunha lingua, dunha familia, dun grupo de linguas ou dunha etapa fonolóxica.
-
-
Pensamento de Voltaire e dos seus discípulos.
-
Espírito de incredulidade ou irreverencia manifestado con sarcasmo e ironía.
-
-
-
Doutrina que prima a vontade sobre o intelecto, tanto no que se refire a unha explicación ou á fundamentación última do universo ou da lei moral, respectivamente, como no tocante ao individuo humano e ás súas facultades. O termo foi cuñado por F. Tonnies en 1883 e difundido por W. Wundt e responde á antiga cuestión sobre a relación entre a razón práctica e a razón teórica; a primacía dunha sobre a outra determina respectivamente o voluntarismo e o intelectualismo. No sentido moral, o voluntarismo que predomina en Kant denominouse voluntarismo ético, discernible tamén en Fichte, en contraposición ao voluntarismo, simplemente dito, de Schopenhauer.
-
Actitude e comportamento que responden á convición de que a vontade pode facelo practicamente todo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento intelectual e artístico nacido en Inglaterra a raíz da obra do artista abstracto Percy Wyndham Lewis, coa publicación en 1914 de Blast! A Review of the Great English Vortex, en que se declarou partidario dunha estética apropiada para a sociedade moderna e contraria ao conservadorismo inglés. Estivo influído polo cubismo e o futurismo, así como pola fotografía, o novo desenvolvemento da enxeñaría tecnolóxica e da arquitectura. Reuniu, entre outros, ao escritor Henri Gaudier-Brzeska, o poeta Ezra Pound e o artista Jacob Epstein.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escopofilia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno xeolóxico que consiste na erupción de material rochoso fundido (magma) na superficie da Terra. Deuse practicamente en todos os lugares da superficie e distribúese preferentemente nas zonas activas tectonicamente, que coinciden cos cintos sísmicos, que á súa vez se corresponden coas zonas oroxénicas e cos rifts. Os volcáns, a escala global, sitúanse preferentemente en zonas de subdución, principalmente nos arcos de illas e os cintos oroxénicos que rodean o Pacífico. O vulcanismo relacionado con límites de placas diverxentes sitúase principalmente nas dorsais centrooceánicas, pero tamén en rifts continentais. Máis raramente se dan volcáns en zonas de fallas transformantes. Tamén existe o denominado vulcanismo intraplaca, que orixina volcáns illados que son interpretados como orixinados por un punto quente; o mellor exemplo atópase nas illas Hawai. Cómpre ter en conta que o vulcanismo submarino pode ser o máis importante en canto ao volume, debido a que só se detectan...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou fenómeno lingüístico de carácter vulgar, inadmisible na lingua usual e normativa, como por exemplo ademirar por admirar, arradio por radio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina predicada no Islam por Mu ḥ ammad ibn ‘Abd al-Wahhāb. É unha adaptación á escola hanbalita da reforma puritana de ibn Taymiyya que preconiza a observancia estrita do Islam coránico. Ligada á dinastía saudita, foi a orixe do reino wahhabita de Arabia (Arabia Saudí), onde é a relixión oficial.
-
PERSOEIRO
Biólogo alemán. Realizou estudos sobre a herdanza e expuxo nas súas obras a teoría da continuidade do plasma xerminal.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña, na baía homónima, no Mar Báltico (55.800 h [1990]). Posúe estaleiros e industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría política dos xacobinos. Foi a tendencia política radical e extremista da burguesía, que se caracterizaba pola súa defensa acérrima da democracia formal. Tivo como consecuencias o antimilitarismo social e o individualismo fronte aos abusos de poder estatal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión india, fundada no s VI a C por Vardhamāna, chamado Mahāvīra, vinte e catro jīna. Como o budismo, é unha reacción contra o brahmanismo, aínda que non adoptou a cosmoloxía. Dividiuse en dous grupos desde o s I a C.