"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • GALICIA

    Escritor. Graduouse na Escola Superior de Comercio da Coruña. O seu interese pola lexicografía advírtese nos múltiples vocablos, sinónimos e frases feitas que recolleu nas marxes do Dicionario gallego-castellano de Marcial Valladares. Publicou a obra Macías o namorado (1901), tradución do estudo de Hugo Albert Rennert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e editor. Nacido nunha familia pertencente á burguesía mercantil, ingresou na Escola de Comercio da Coruña, estudios que abandonou para dedicarse ao comercio de comestibles, seguindo a tradición paterna. Viaxou por España, Portugal e Francia, foi síndico do gremio e membro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. En 1888 entrou a formar parte da loxa masónica Fraternidad VIII nº 232, composta na súa maioría por comerciantes, onde estableceu relación con persoeiros da cultura e da política e tivo un primeiro achegamento ao compromiso social e político. En 1891 distanciouse da actividade exclusivamente mercantil ao adquirir o traspaso da librería que Andrés Martínez Salazar tiña en Rego de Auga e, posteriormente, a imprenta, os estable- cementos litográficos e a papelería da coruñesa rúa Real de Domingo Puga. A partir de 1983 comprometeuse progresivamente coa cultura galega e contribuíu decisivamente á súa difusión e coñecemento. Así, publicou gran cantidade de artigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor mercantil. Exerceu a docencia na Escola Superior de Comercio da Coruña e colaborou na Universidade Popular da Coruña. Como poeta publicou no suplemento Terra a Nosa!, a escolma Da Raza (1919), e, posteriormente, Escolma de poesías (1954). No eido da dramaturxia publicou tres pezas dramáticas: Macías o Namorado (1921), Tentación (1921) e Desalento. Monólogo curto (1960). Postumamente, editáronse en 1993 as novelas Volverá e O milagre, o poemario Arela e A miña viaxe ás Grañas do Sor. Foi académico adxunto da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Foi partidario da actuación política da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e un activo defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. Tralo seu abandono da CNT ingresou en 1934 no Partido Sindicalista e un ano máis tarde afiliouse ao Partido Galeguista. Foi colaborador de Solidaridad Obrera, voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Trabajo e A Nosa Terra, co alcuño de Fausto Brand. Faleceu a consecuencia da represión desatada polo golpe militar de xullo de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista francés. Ligado á corrente positivista, foi partidario dun formalismo absoluto. Escribiu Contribution à la théorie générale de l’État (Contribución á teoría xeral do estado, 1920-1922) e La Loi, expression de la volonté générale (A lei, expresión da vontade xeral, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor, político e sindicalista. Participou na vida política da cidade da Coruña dende os dezaoito anos, ao tempo que remataba os seus estudios de mestre. Exerceu como profesor de dereito mercantil. En 1935 creou a Unión de Estudiantes Antifascistas para facer fronte ás actividades falanxistas na Escola de Comercio. Máis tarde, asesorou á UGT local en diversos conflitos e mesmo chegou a asumir a secretaría da FETE-UGT da Coruña. En 1935 ingresou no Partido de Unificación Marxista (POUM) e nos últimos días da República acompañou a Joaquín Maurín na súa xira por Galicia, interrompida polo levantamento militar de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Comezou as súas actividades literarias compoñendo un diario novelado ao que seguiron varios contos, pero o xénero que cultivou con gran dedicación foi a novela rosa ao que pertencen, entre outros moitos, os seguintes títulos: El orgullo de los Waterfird (1945), Su mejor aliado (1946), El final de una aventura (1946), Una extraña institutriz (1947), Tenía que ser así (1947), Una boda singular (1948), Millonaria por sorpresa (1948), Los dos primos de Annabella (1949), Una conquista difícil (1949), La sorpresa de una predición (1949), Contrato de boda (1949), ... Y surgió el amor (1949), No era amor (1949), Fracaso sentimental (1950), Siguiendo sus pasos (1950), Mensaje de Navidad (1950), Mi príncipe azul (1950), A la busca de un marido (1950), Idilio en Hollywood (1950), Misterios del corazón (1950) e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Construíu a primeira máquina frigorífica de compresión e ideou o uso do amoníaco como fluído frigoríxeno. Realizou diversos estudios sobre o transporte de alimentos conxelados e deseñou en 1875 o barco Paraguay, onde se transportou por vez primeira carne conxelada dende Bos Aires a Le Havre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Rematados os seus estudios de dirección de fotografía, incorporouse ao mundo profesional en 1985 e traballou como axudante de dirección en filmes como The Adventures of Baron Munchausen (As aventuras do barón Munchausen, 1987), de Terry Gilliam; Indiana Jones and the Last Crusade (Indiana Jones e a última cruzada, 1988), de Steven Spielberg; La forja de un rebelde (1988), de Mario Camus; Las cosas del querer (1988), de Jaime Chávarri; ou Luna negra (1989), de Imanol Uribe. Iniciouse no campo da publicidade como axudante de dirección e xefe de produción na realización de anuncios. Escribiu guións para cine e televisión, amais dalgunha obra teatral (Sangre, 1991). En formato vídeo dirixiu a finais dos anos oitenta Adiós al temor e Máis do mesmo. Soubo aproveitar o éxito e os premios das súas primeiras curtametraxes en 35 mm como A sorte cambia (1991) e Coitadiños (1992), para acceder á realización da súa primeira longametraxe, Dáme lume (1994). Esta película, a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • David Moore Cornwell.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transportar algo en carro.

    2. Transportar algo ou a alguén utilizando calquera medio de transporte.

    3. Causar ou producir algo negativo. OBS: Vai acompañado con termos como desgustos, desgracias, molestias, problemas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial francés que ten como actividade principal a distribución comercial. Resultado da fusión dos grupos Carrefour (hipermercados Pryca) e Promodés (Continente, Dia, Champion -antigo Simago- e Punto Cash), en 1999, converteuse no primeiro grupo de distribución europeo e o segundo no ámbito mundial, cunha cifra de negocio estimada en 54.000 millóns de euros ao ano e cunha rede comercial integrada por máis de 9.000 establecementos en 25 países de Europa, América e Asia. As empresas fusionadas destacan por ter introducido innovacións nas súas estratexias e produtos. En 1959 creouse Carrefour, que abriu a súa primeira tenda en 1960 na Alta Savoia, e en 1961 o grupo Promodés. No ano 1963 Carrefour inaugurou a súa primeira tenda en París e Promodés o seu primeiro hipermercado. En 1969 as accións de Carrefour comezaron a negociarse en bolsa e, na mesma data, coa súa instalación en Bélxica, principiou a súa expansión internacional. De seguido, estableceuse en Suíza; en 1972, en Italia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Lagoa litoral situada entre as parroquias de Corrubedo, Olveira e Artes, no concello de Ribeira, que forma parte do conxunto ecolóxico que abrangue o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Recibe auga dos regos da Cidade e de Arlés, e dos ríos Sirres e Longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enseada da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral meridional das parroquias de Carreira e Aguiño, no concello de Ribeira.

    2. Acción de correr ou moverse rapidamente para trasladarse dun lugar a outro, ou para realizar calquera cousa.

      1. Competición consistente en percorrer unha determinada distancia, ben a pé ou ben sobre calquera tipo de vehículo ou animal. Existen diversas variantes de carreiras, segundo as diferentes modalidades deportivas; entre elas destacan as carreiras de atletismo, de automobilismo, de cabalos (hípica), de ciclismo, de patinaxe e de esquí. Como tipos fundamentais e claramente diferenciados, cabe distinguir as carreiras de velocidade pura e as de resistencia ou regularidade, denominadas tamén, nalgúns deportes, carreiras de fondo. Segundo o marco no que teñen lugar, fálase de carreira en circuíto pechado (ou carreira en estadio), carreira en pista e carreira en campo aberto. Cando a distancia a percorrer está dividida en partes, fálase de carreira por etapas. Coñécense, finalmente, as carreiras por equipos como aquelas que disputan un conxunto...

      2. carreira contra reloxo

        Proba deportiva consistente en percorrer un traxecto no menor tempo posible e na que os competidores non toman a saída simultaneamente.

      3. carreira de cros

        Competición deportiva atlética, ciclista ou hípica, que consiste en percorrer un circuíto marcado en campo aberto, é dicir, sobre terreo natural non pavimentado. As probas de campo a través nas dúas primeiras modalidades adoitan celebrarse na tempada invernal e non forman parte do programa dos Xogos Olímpicos, ao contrario que as carreiras hípicas.

      4. carreira de obstáculos

        Carreira atlética ou hípica na que os atletas ou os cabalos deben completar o percorrido saltando unha serie de obstáculos dispostos ao longo del. Dispútanse no interior de estadios e hipódromos, respectivamente. Os competidores participan na carreira simultaneamente e proclámase vencedor o que consegue chegar á meta en primeira posición.

      5. carreira de sacos

        Competición entre persoas que corren coas pernas metidas nun saco e van avanzando a saltos.

      1. ía estreita destinada ao tránsito de persoas e vehículos, especialmente os carros.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Patos Enseada da beira meridional da ría de Vigo, que se estende entre o litoral das parroquias de Panxón e Priegue, no concello de Nigrán, e a de Saiáns, no concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribeira baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido procedente dun topónimo que fai referencia á existencia no lugar dun camiño polo que circulaba o carro. Documéntase no s XIV: “Pero Martinez da Careyra” (doc ano 1310 en E. Portela Silva “La región del obispado de Tuy en los siglos XII-XV”, en Compostellanum 20, 1975, p 385). A mesma orixe ten o apelido Carreiro. Ambos os dous aparecen frecuentemente castelanizados (Carrera e Carrero). No caso de Carreiro non se pode descartar a posibilidade de que a súa orixe estea nun alcume profesional que se lle aplicaba a individuos que tiñan por oficio facer ou reparar carros.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, dúas cadeas de ouro, postas en banda. Outra variante leva, en campo de azul, unha barra de ouro, cargada dun león rampante de goles, mirando cara ao flanco sinistro.

    VER O DETALLE DO TERMO