"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Economista e xurista francés. Discípulo de Quesnay, ocupouse da doutrina fisiocrática incidindo no aspecto da xurisprudencia. Escribiu Liberté du commerce des grains (1765) e De l’ordre social (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacilos Gram-negativos, da familia das lexioneláceas, aerobios, non esporulados nin capsulados, que necesita cisteína e sales de ferro para o seu crecemento. As súas especies son móbiles por un, dous ou varios flaxelos polares (excepto L. oakridgensis) con parede celular onde predominan os ácidos graxos de cadeas ramificadas. Son bacterias que forman parte da flora acuática, atopándose en numerosos reservorios e fontes de auga doce (ríos, lagos ou augas termais) e, ocasioanalmente, en auga de mar, así como nos sistemas de abastecemento das cidades, que a través da rede de distribución poden alcanzar as instalacións de auga dos edificios (sistemas de aire acondicionado e de distribución de auga quente). Coñécense arredor dunhas 40 especies, das que a maioría son patóxenas do home, producindo enfermidades como a lexionelose, a endocardite ou a sinusite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de seda ou la con encaixes que utilizan as mulleres para cubrir a cabeza.
-
-
Planta herbácea anual, que presenta o talo delgado, de 20 a 50 cm de lonxitude, e as follas paripinnadas terminadas en gabián. As flores, violáceas ou brancas, están inseridas nuns pedúnculos, e o froito en legume, de 7 a 20 mm, e coa semente no seu interior, que é lenticular e comestible. Nas raíces é común a presenza de bacterias do xénero Rhizobium, que fixan o nitróxeno atmosférico. Utilízanse moitas veces en cultivo rotativo con outros vexetais para repor o nitróxeno do solo. É de orixe asiática, xa está estendido o seu cultivo por todo o mundo.
-
Semente comestible que se cultiva desde a Antigüedade tanto para alimentación humana como para forraxe dos animais. O seu cultivo é común en toda España, e adáptase ben as diferentes condicións climáticas, aínda que se ve moi afectada pola rosada e as neves; seméntase en marzo-abril, e a recolección é entre xuño e agosto. Contén moitos nutrientes, un 26,4% de proteínas, 1,4% de graxas e 50,5% de hidratos de carbono, fundamentalmente amidón, tamén é rica en vitaminas B 1 , B 3 e B 6 ; abundante en ferro e en cinc e selenio. É común preparala en guiso acompañada de arroz, patacas e verduras, e tamén se pode comer en ensalada.
-
Pedra pequena de forma aplanada, que ten un grosor inferior ao 60% da súa lonxitude.
-
Mancha pequena da pel, de cor terrosa, coa forma dunha lentella.
-
Disco de metal que vai fixado á extremidade inferior do péndulo dun reloxo de parede.
-
Planta herbácea, do xénero Lemna, da familia das lemnáceas, acuática, flotante, do tamaño e forma dunha lentella de cor verde. En Galicia florece entre a primavera e o verán en charcas e regatos de augas estancadas a especie L. minor.
-
-
-
MONTES
Monte situado no S da parroquia da Gudiña, no concello homónimo. O seu cumio acada os 987 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Profesor de Filosofía e Letras da UNAM e investigador no Instituto de Investigaciones Históricas desde 1957, especializouse na América precolombina. Dirixiu o Instituto Indigenista Interamericano e o Instituto de Investigaciones Históricas da UNAM. En 1988 foi elixido investigador emérito da UNAM. Director da Academia Mexicana de la Historia (1996), en 1997 foi nomeado director da Nueva Biblioteca de México da UNAM. Entre as súas obras destacan La visión de los vencidos (1959), Los antiguos mexicanos a través de sus crónicas y cantares (1961) e Literaturas indígenas de México (1992). Recibiu o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2001) e o Premio Bartolomé de las Casas (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval que se desenvolveu o 7 de outubro de 1571 no golfo do mesmo nome, entre as potencias integrantes da Liga Santa e Turquía, a causa da expansión desta polo Mediterráneo oriental. O ataque turco (1570) a Nicosia, que era posesión veneciana, fixo que a monarquía española, representada por Filipe II, os Estados Pontificios, Venecia e algúns estados italianos, se aliasen nunha terceira Liga Santa ou Liga de Lepanto, baixo o patrocinio do Papa Pío V. Constituíron unha flota de preto de 280 barcos e uns 80.000 homes, que partiu de Messina cara a Cefalonia, dirixida polo capitán xeneral Xoán de Austria, con Álvaro de Bazán e Alessandro Farnese como xefes das escuadras secundarias. Aínda que a flota turca era superior, foi derrotada, co que se conseguiu frear a súa expansión momentanemente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alcalización do amoníaco, ou das aminas primarias ou secundarias, mediante compostos carbonílicos, en presenza de ácido fórmico como axente redutor.
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Colaborou no proxecto Manhattan no desenvolvemento da bomba atómica entre 1941 e 1945, e separou isótopos de uranio. Foi un dos creadores do método de datación de restos arqueolóxicos mediante o carbono radioactivo 14C (carbono 14), polo que recibiu o Premio Nobel de Química (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, drenado polo río Guadalentín e situado ao SO da cidade de Murcia (3.925 h [2001]). Destaca a agricultura e a industria conserveira. Do seu patrimonio cultural destaca o centro urbano e a igrexa de San Bartolomé (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos, da clase dos cefalocáridos, de pequeno tamaño, sen ollos e con oito pares de patas.
-
PERSOEIRO
Escritor. Traballou como crítico literario, tradutor, redactor, poeta e dramaturgo, e foi un impulsor da literatura hispánica nos países de fala inglesa, con especial atención á literatura galega. Dedicou diversos tratados a Valle-Inclán e das súas obras destacan El teatro de García Lorca (1963) e Ramón del Valle-Inclán (1972). Pertence á Academia Norteamericana de la Lengua Española e é Membro Correspondente de la Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto heteroxéneo de limaduras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
limpaúñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada sobre o río Liñares en Callobre (A Estrada). Construída nos ss XVI-XVII, ten un só van de arco de medio punto. Pertence ao antigo camiño da Estrada a Callobre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo subscrito en Estella-Lizarra o 12 de setembro de 1998 polo Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), Herri Batasuna, Eusko Alkartasuna, Izquierda Unida-Ezker Batua, Euzko Langilleen Alkartasuna/Solidaridad de Trabajadores Vascos (ELA/STV), Langile Abertzaleen Batzordea (LAB), Abertzaleen Batasuna (AB), Batzarre, Zutik, Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna (EHNE), Ezker Sindikalaren Koordinakundea-Coordinadora Unitaria de Izquierda Sindical (ESK-CUIS), Sindicato de Trabajadores de la Enseñanza de Euskadi-Euskadiko Irakaskuntzako Langileen Sindikatua (STEE-EILAS), Ezker Sindikala, Hiru, Gogoa, Amnistiaren Aldeko Batzordeak, Senideak, Bakea Orain, Elkarri, Egizan, Herria 2000 Eliza, Gernika Batzordea e Autodeterminazioaren Biltzarrak, forzas sindicais e movementos sociais. Declaraba a existencia dun conflito político en Euskadi que necesitaría unha solución política, inspirada no proceso de paz iniciado en Irlanda do Norte meses antes. Indicaba tamén que as partes en conflito deberían...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta do pronome de complemento indirecto lle + o pronome persoal, de xénero feminino, de terceira persoa a(s), que funciona como complemento directo.
-
PERSOEIRO
Cantante e compositor. En 1967 ingresou nos Setze Jutges e converteuse nunha das figuras máis populares da cançó catalana. Musicou poemas de Kavafis, Viatge a Ítaca (1975), Salvat-Papasseit, M. Martí i Pol, I amb el somriure, la revolta (1982) e Marius Torres. Da súa discografía destacan Campanads a morts (1977), Verges 50 (1980), T’estimo (1984), Astres (1986), Torna aviat (1991), Rar (1994), 9 (1998), Temps de revoltes (2000), Jocs (2002) e Junts, con Josep Carreras (2003) e as bandas sonoras de La forja de un rebelde (1990), de M. Camus, e Ladrón de Niños (1991), de Christian de Calonge. Recibiu o Premio Nacional de Música (1993).
VER O DETALLE DO TERMO