Lizarra, Pacto de ou Pacto de Estella

Lizarra, Pacto de ou Pacto de Estella

Acordo subscrito en Estella-Lizarra o 12 de setembro de 1998 polo Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), Herri Batasuna, Eusko Alkartasuna, Izquierda Unida-Ezker Batua, Euzko Langilleen Alkartasuna/Solidaridad de Trabajadores Vascos (ELA/STV), Langile Abertzaleen Batzordea (LAB), Abertzaleen Batasuna (AB), Batzarre, Zutik, Euskal Herriko Nekazarien Elkartasuna (EHNE), Ezker Sindikalaren Koordinakundea-Coordinadora Unitaria de Izquierda Sindical (ESK-CUIS), Sindicato de Trabajadores de la Enseñanza de Euskadi-Euskadiko Irakaskuntzako Langileen Sindikatua (STEE-EILAS), Ezker Sindikala, Hiru, Gogoa, Amnistiaren Aldeko Batzordeak, Senideak, Bakea Orain, Elkarri, Egizan, Herria 2000 Eliza, Gernika Batzordea e Autodeterminazioaren Biltzarrak, forzas sindicais e movementos sociais. Declaraba a existencia dun conflito político en Euskadi que necesitaría unha solución política, inspirada no proceso de paz iniciado en Irlanda do Norte meses antes. Indicaba tamén que as partes en conflito deberían aceptar que ningunha delas podería vencer pola forza, defendía a necesidade de cesións por todas as partes e propuña que se aceptase o dereito á autodeterminación, aconsellando unha arbitraxe ou mediación estranxeira.

Palabras veciñas

Lizarán i Merlos, Anna | Lizardi, Pedro Ignacio de | Lizarra | Lizarra, Pacto de ou Pacto de Estella | lizgairo -ra | 1 lizo | 2 lizo