"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Loitou na guerra civil, foi protexido por Gor’kij, e en 1921 comezaron a publicarse as súas experiencias: Partizany (Guerrilleiros, 1921) e Bronepojzd 14-69 (O tren blindado 14-69, 1922). Despois de 1925 cambiou de estilo e dedicouse a manifestar a primitividade do escritor e do seu mundo: Tajnoje tajnykh (Misterio dos misterios, 1927), Pokhoždenija fakira (Viaxes dun faquir, 1935) e Vstreči s Maksimom Gorkim (Encontros con Maksim Gor’kij, 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (23.900 km2; 1.232.400 h [estim 1999]). A súa capital é Ivanovo (469.000 h [estim 1999]), núcleo da industria algodoeira rusa. Foi fundada en 1871 co nome de Ivanovo-Voznesensk, que cambiou en 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romanés. Da súa produción destacan as novelas Vestibulul (Vestíbulo, 1966), P ǎ s ǎ rile (Os paxaros, 1970) e Racul (O cancro, 1976); e os ensaios Corn de Vin ǎ toare (Corno de caza, 1972) e Pro-domo (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Chartres, discípulo de Lanfranco na abadía de Bec. Por se enfrontar ao rei Filipe I de Francia, que repudiara a súa muller, foi encarcerado. É patrón dos avogados e a súa festividade celébrase o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote bretón. Estudiou dereito en París e Orléans. Rexentou o curato de Trédrez, onde defendeu gratuitamente a orfos e mendigos. En 1284 foi ordenado sacerdote e renunciou ao seu oficio de xuíz. Patrón dos procuradores, dos xuristas e dos pobres cando teñen preitos, a súa festividade celébrase o 19 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Costa de Marfil ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Costa de Marfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter trostkista, organizada en Galicia dende finais de 1930 coa denominación inicial de Federación Gallega de Grupos de la Organización Comunista de España. Integrou un reducido círculo de traballadores e intelectuais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense e dalgunhas vilas como Padrón, Ribeira ou Noia. Rebautizada en 1932 como Izquierda Comunista de España (ICE), dos seus membros destacan aos irmáns Granell, C. Fernández Mazas e E. Fernández Sendón, L. Fersen, un dos principais teóricos do seu voceiro Comunismo. A finais de 1935, fusionouse co Bloc Obrer i Camperol (BOC) para conformar o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político republicano fundado en 1934 pola fusión de Acción Republicana de M. Azaña, os radicalsocialistas de M. Domingo e a ORGA de S. Casares Quiroga. En 1935 pactou coa Unión Republicana e co Partido Nacional Republicano, e formou parte da Frente Popular nas eleccións xerais de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De formación autodidacta, reside en Vigo desde 1971. Comezou cunha linguaxe figurativa que evolucionou cara ao surrealismo, o expresionismo, a abstracción e a abstracción xeométrica. Traballou o óleo, a acuarela, o acrílico, os pigmentos naturais e as colaxes. Na década de 1990 comezou a realización de móbiles interactivos, nos que o espectador intervén de forma directa na obra. Realizou exposición individuais en Vigo, La Rioja, Zamora e Madrid e participou en numerosas colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid e foi catedrático nas escolas de Artes e Oficios da Coruña e Madrid. Cultivou o retrato e os temas costumistas. Caracterizouse polo dominio do debuxo e da cor. Colaborou como crítico de arte na prensa escrita. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecedor do folclore do seu país, escribiu en éuscaro unha historia das danzas de Gipuzkoa (1824), titulada Guipuzcoaco dantza gogoangarrien condaira edo historia: beren soñu zar, eta itz-neurtu edo bersoakin baita berac ongui dantzatzeco iracaste edo instruczioac ere, e outra sobre a provincia, publicada postumamente (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os arbustos do xénero Pilocarpus, da familia das rutáceas. É orixinario de América do Sur e as súas follas empréganse como planta medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves tropicais ciconiformes, da familia dos xacánidos, que teñen as patas rematadas en dedos moi longos que lles serven para camiñar sobre a vexetación dos cursos fluviais en que viven. Destaca dentro deste xénero a especie J. spinosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores e arbustos, da familia das bignoniáceas, con follas opostas, xeralmente bipinnadas, con numerosos folíolos. Presenta flores en panículas axilares ou terminais co cáliz acampanado, truncado ou con 5 lóbulos e a corola tubular-acampanada de cor azul a violeta, xeralmente bilabiada, con 4 estames. Froito en cápsula bivalva leñosa con numerosas sementes aladas. Comprende 45 especies nativas de América tropical. En Galicia está presente a especie Jacaranda mimosifolia para uso ornamental polas súas atractivas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político estadounidense. Sétimo presidente de EE UU (1829-1837), defendeu a autoridade federal fronte á ameaza de secesión de Carolina do Sur, e opúxose á renovación do privilexio da banca nacional e ao conxunto das medidas económicas que pretendían situar a EE UU na vía dun capitalismo liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo francés. Estudiou na Universidade de París e doutorouse en Medicina (1947) e en Ciencias (1954). En 1950 ingresou no Institut Pasteur, e en 1960 pasou a ser o xefe do departamento de xenética celular. Estudiando o cromosoma único das bacterias, composto principalmente de ADN, descubriu que os xenes estaban dispostos en forma de anel. A partir de 1958, e no curso dunha estreita colaboración con Jacques Monod, prediciron a existencia de ARN mensaxeiro e dos xenes reguladores que controlan a actividade doutros xenes, e confirmaron a existencia dos transposóns, predicida en 1951 por Barbara McClintock. Publicou La logique du vivant (1970) e foi elixido membro da Académie Française des Sciences (1977). En 1965 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento dos xenes reguladores, compartíndoo con Monod e André Lwoff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano situado na cabeza das serpes que lles permite procesar e recoñer olores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Seguidor do movemento pacifista, na Primeira Guerra Mundial refuxiouse en Noruega. Ao seu regreso a Alemaña, comezou a adquirir notoriedade como autor de dramas expresionistas. A súa obra revólvese contra a represión motivada pola moral cristiá e a orde burguesa. Considerado un dos principais prosistas alemáns do s XX, escribiu Perrudja I e II (1929, 1958), Fluss ohne Ufer (Río sen beira, 1949) e Die Nacht aus Blei (A noite de chumbo, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. En 1928 redactou, en colaboración con N. S. Trubeckoj e S. Karcevski, as célebres teses do Primeiro Congreso Internacional de Lingüistas, básicas para o estruturalismo. Foi un dos principais representantes do Círculo Lingüístico de Praga e un dos iniciadores do formalismo ruso. As súas investigacións centráronse principalmente na fonoloxía e en diversos aspectos da lingüística. A partir de 1941 trasladouse a EE UU, onde ensinou nas universidades de Harvard e de Columbia, no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e na Escola de Altos Estudios de Nova York. Fundou a revista Word (1945) e escribiu, entre outras, as obras Aphasie und allgemeine Lautgesetze (Afasia e leis fonéticas xerais, 1944), Preliminaires to Speech Analysis (1952), Fundamentals of Language (1956) e Essais de linguistique générale (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO