Jakobson, Roman
Lingüista. En 1928 redactou, en colaboración con N. S. Trubeckoj e S. Karcevski, as célebres teses do Primeiro Congreso Internacional de Lingüistas, básicas para o estruturalismo. Foi un dos principais representantes do Círculo Lingüístico de Praga e un dos iniciadores do formalismo ruso. As súas investigacións centráronse principalmente na fonoloxía e en diversos aspectos da lingüística. A partir de 1941 trasladouse a EE UU, onde ensinou nas universidades de Harvard e de Columbia, no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e na Escola de Altos Estudios de Nova York. Fundou a revista Word (1945) e escribiu, entre outras, as obras Aphasie und allgemeine Lautgesetze (Afasia e leis fonéticas xerais, 1944), Preliminaires to Speech Analysis (1952), Fundamentals of Language (1956) e Essais de linguistique générale (1963).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Moscova -
Deceso
Lugar : Boston, Massachusetts