"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Derradeiro sultán da dinastía afgana dos Xas de Corasmia. Designado sucesor pouco antes de morrer o seu pai (1219), tivo que refuxiarse en Ghaznī. Derrotado por Xenguis Khan (1221), morreu nun novo enfrontamento co exército mongol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús en 1905 e posteriormente trasladouse á Guarda, como profesor no colexio de Camposancos. Realizou e dirixiu numerosas escavacións arqueolóxicas en Galicia e Portugal como as do castro de Oia, Santa Tegra, Estoril (1932 e 1934) e a escavación sistemática da citania de Sanfins de Paços de Ferreira (1944). Presidente da Associação dos Arqueólogos Portugueses, dirixiu a revista Broteira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘boca’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
jalranta.
-
PERSOEIRO
Poeta francés. E. Mallarmé e A. Gide ofrecéronlle a posibilidade de publicar os seus primeiros libros titulados De l’angélus de l’aube à l’angélus du soir (1898) e Le deuil des primevères (1901), nos que se fai patente a súa inxenuidade e o seu enxeño ao tratar temas familiares ou exóticos. Tamén escribiu Clairières dans le ciel (1906), Ma France poétique (1926) e Le crucifix du poète (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Länd de Suecia (49.443 km2; 129.566 h [estim 2000]). A súa capital é Östersund.
-
PERSOEIRO
Compositor checo. Perfeccionou os estudios musicais en Leipzig e en Viena. Recolleu, por unha parte, o folclore moravo e, pola outra, evolucionou cara ao expresionismo. Destacan as súas óperas Jenufa (1904), Kata Kabanová (1921), Příhody Lišky Bystroušky (A barraca astuta, 1924) e Z mrtvého domu (Da casa dos mortos, sobre a obra homónima de Dostojevskij, 1930). Deixou tamén obras corais, música de cámara, pezas orquestrais e obras didácticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico húngaro. O tema central dos seus filmes é a loita entre a revolución e a contrarrevolución. Acadou o seu primeiro éxtio internacional con Szegénylegények (Os deseperados, 1965). As súas creacións posteriores representan nunha forma estruturalizada e simbólica os movementos da sociedade. Destacan as obras Oldás és kötés (Cantata, 1962), Csend és kiáltás (Silencio e grito, 1968), Magyar rapszódia (Rapsodia húngara, 1978) e Jezus Krisztus horoszkopja (O horóscopo de Xesús Cristo, 1988). En 1990 recibiu o Leone d’Oro de Venecia polo conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Experimentou coa linguaxe como fenómeno acústico e adoptou teoremas do dadaísmo e do círculo de Viena. A súa poesía concreta, reflectida en Laut et Luise (1966), Sprechbalsen (Globos de viñeta, 1968), Der gelbe Hund (O can amarelo, 1980), estendeuse ás súas obras radiofónicas Fünf Mann Menschen (Cinco homes, 1970), Das Röcheln der Mona Lisa (O estertor da Mona Lisa, 1970), e á ópera falada, como en Aus der Fremde (Desde terra estraña, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador gráfico e fotógrafo. Provinte do ámbito teórico da semioloxía, do cine e da fotografía, en 1978 fundou o primeiro estudo profesional de deseño en Galicia. Profesor de imaxe no colexio Martín Códax, foi membro da comisión de Deseño do Consello da Cultura Galega. Integrante dos consellos de redacción da Revista Galega de Educación e La Pizarra, publicou Primera edad e Poemas sobreros. Ademais, é autor da campaña “Fálalle Galego”, realizada pola Xunta de Galicia (1984) e das imaxes corporativas das editoriais Galaxia e Gredos, da Real Academia Galega e da Fundación Carlos Casares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mallorquino. Iniciouse coa novela L’abisme (Premio Ciutat de Palma 1967). Escribiu tamén Els Alicorns (Premio Josep Pla, 1971), El cementiri de les roses (Premio Víctor Català 1971), El rei Gaspar (Premio Josep M. Folch i Torres 1975) e Tot quan veus és el mar (Premio Nacional de Literatura 1987). Conseguiu en 1994 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de rodofíceas, da familia das coralináceas, que presentan frondes dereitas cilíndricas, fráxiles e dicótomas, e paredes con incrustacións de carbonato cálcico. En Galicia está amplamente estendida, fundamentalmente nas Rías Baixas, a especie J. rubens.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. Autor de traballos sobre musicoloxía, o seu pensamento descritivo e melodioso centrouse no home a na obra creadora. Escribiu L’ ironie (1936), Le mal (1947), Philosophie première (1954) e Le pardon (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Óptico holandés. Atribuíuselle a invención das primeiras lentes de aproximación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de densidade de fluxo adoptada en 1973 pola Unión Astronómica Internacional; é equivalente a 10 -26 W/m Hz. OBS: Recibe o seu nome de K. G. Jansky.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos, da familia dos xantínidos, de cuncha delgada desprovista de opérculo e de cor violeta. Mantéñense na auga por medio dun flotador que eles mesmos segregan.
-
GALICIA
Ilustrador. Arquitecto e profesor de debuxo. Formou parte do grupo de teatro independente Andrómena (1979-1981) e foi un dos creadores do Colectivo Xofre. Foi autor do cómic Cita na Habana (2000) e ilustrou diversos libros, como A formiga coxa (1990) de Marilar Aleixandre, Leonardo e os fontaneiros (1990) de Mª Victoria Moreno, A tribo ten catro ríos (1991) de Manuel María, O avión de Cangas (1992) de Darío X. Cabana, e A miña man na túa (1996) de Mariasun Landa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muncipio da provincia de Cáceres, Extremadura (2.970 h [2001]), situada na comaca de La Vera, a súa economía baséase nos recursos agropecuarios.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, foi autor, entre outras obras, da Biblioteca Nacional (1865-1892), realizada en estilo neogrego, e o Tribunal de Cuentas (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico francés, fillo de Maurice Jarre. Debutou en 1977 co disco Oxygene, que o converteu no pioneiro da música electrónica e do new age. Da súa discografía destaca tamén Magnetic Fields (1981), Chronologie (1993), Odyssey Through 02 (1998) e Metamorphoses (2000).
VER O DETALLE DO TERMO