Jania
Jania
[PROTISTA]
Xénero de rodofíceas, da familia das coralináceas, que presentan frondes dereitas cilíndricas, fráxiles e dicótomas, e paredes con incrustacións de carbonato cálcico. En Galicia está amplamente estendida, fundamentalmente nas Rías Baixas, a especie J. rubens.