"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Paleontólogo e escritor ruso. Foi autor dunha serie de narracións de aventuras e ciencia-fición, nas que confronta a intelixencia humana cos segredos da natureza, como P’at’ rumbov (Os cinco rumbos, 1944) e Belyj rog (O corno branco, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz, directora e autora teatral inglesa. Estudiou na Central School of Speech and Drama de Londres, e en 1951 fundou o Cockpit Theatre Club. Con The Sport of My Mad Mother (1956) gañou o premio anual de The Observer. The Knack (1962) foi adaptada por Richard Lester ao cine. Escribiu tamén The Rising Generation (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema educativo que ideou Peter Petersen e puxo en práctica en 1924 nun centro experimental anexo á facultade de Pedagoxía da Universidade de Jena (Alemaña). Segundo este sistema, a escola estaba concibida como unha escola-familia integrada por tres grupos de persoas (mestres, pais e alumnos) e organizada en réxime de autogoberno. O seu obxectivo era a educación segundo o método de traballo escolar por grupos de alumnos, que se formaban libremente atendendo ás afinidades extraescolares. Fúndase en dous principios básicos: a) a escola concibida como comunidade de traballo e vida; e b) sistema coeducacional durante un período escolar de dez anos.
-
PERSOEIRO
Físico. Doutorouse en 1932 na Universidade de Hamburgo, onde traballou ata 1941. Despois pasou a formar parte do instituto de tecnoloxía de Hannover e en 1949 foi nomeado profesor en Heidelberg. Propuxo o seu modelo nuclear do átomo en 1949, establecido coa colaboración de M. Goeppert-Mayer e E. P. Wigner. Os tres recibiron o Premio Nobel de Física en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor danés. As súas ideas están influenciadas polo darwinismo e exaltan as razas nórdicas nun ton lírico visionario. Destaca Den lange Rejse (A longa viaxe, 1908-1922). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Fillo de campesiños, en Petrogrado (1915) tivo contacto cos membros do movemento simbolista e co poeta A. A. Blok. En 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística da sociedade, que se converte en pesimista e satírica. Escribiu Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María Antonia Pereira do Campo.
-
PERSOEIRO
Economista e lóxico inglés. Estableceu a teoría da utilidade marxinal do valor, que establece que a utilidade é o principal determinante do valor dos bens. Escribiu Theory of Political Economy (1871) e Principles of science (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Comezou a publicar en 1949, influído por Majakovskij. Destacan as súas escolmas poéticas Tretij sneg (A terceira nevada, 1955), Obeščanije (A promesa, 1957), I drugic (Tamén os outros, 1962); o seu libro Autobiografía (1963); e das súas viaxes polo estranxeiro, o ciclo cubano, do que destacan os títulos Internacional e Tri minuty pravdy (Tres minutos de verdade). Foi un dos representantes da poesía soviética da época da desestalinización, na que destaca Nasledniki Stalina (Os herdeiros de Stalin, 1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico canadense. Iniciouse con comedias como The Thrill of it All (1963) ou Send no Me Flowers (1964). Con In the Heat of the Night (1967) foi galardoado con cinco premios Oscar (1968). Tamén destacan os seus filmes Fiddler on the Roof (1971), Jesus Christ Superstar (1973), Rollerball (1975), Agnes of God (1985), Other People’s Money (1991), Only You (1994), The Hurricane (1999) e The Statement (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada na provincia de Punjab, Paquistán (195.558 h [1991]). Localizada ao L do río Chenāb, é o resultado da unión das cidades de Jhang e Maghiāna.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada ao S do país (361.304 h [1991]). A cidade antiga pode ser a Bucéfala de Alexandre o Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política chinesa. Casada con Mao Zedong, destacou na Revolución Cultural, e en 1969 converteuse en membro do Politburó do Comité Central do PCCh. Morto Mao, foi detida e condenada a morte no proceso da Banda dos Catro (1981), pena que lle foi conmutada pola de cadea perpetua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político chinés. Enxeñeiro técnico, en 1946 ingresou no Partido Comunista Chinés e ocupou cargos técnicos en diversos ministerios; foi ministro de Industria (1983-1985) e alcalde de Shangai (1985-1989). Xefe das forzas armadas e secretario xeral do PCCh desde 1989, en 1993 foi designado presidente da República. Converteuse no home forte do réxime á morte de Deng Xiaoping (1997), e continuou a orientación deste, mantendo a coexistencia entre liberalización económica e control político. En 2003 foi substituído na presidencia da República por Hu Jintao.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Guandong, China (230.587 h [1990]), situada ao SO do delta de Cantón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China (100.000 km2; 74.380.000 h [2000]). A súa capital é Nanjing.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China (166.600 km2; 41.400.000 h [2000]). A súa capital é Nanchang.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida coma Marilar Aleixandre, é profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculada ao movemento feminista, participou na creación da Asociación Galega da Muller e encabezou a lista do Movemento Comunista de Galicia nas primeiras eleccións municipais (1979). Participou nos movementos de renovación pedagóxica e pertence ao colectivo poético do Batallón Literario da Costa da Morte. Colaboradora de numerosas revistas, é coautora dos primeiros libros de ciencias en galego Xilbarbeira (1981), Setestrelo 1 (1988) e Setestrelo 3 (1989); tamén é coautora de diversas publicacións de didáctica das ciencias, dun vocabulario de ciencias naturais e autora de Dubidar para Aprender (1997). En canto á súa produción literaria, no apartado infantil e xuvenil publicou A formiga coxa (1989), O rescate do peneireiro (1990), Nogard (1994), A expedición do Pacífico (Premio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presidenta da Fundación Penzol. Realizou a carreira de Maxisterio e en 1948 casou con Fermín Penzol. Compartiu a paixón pola cultura co seu home e, tralo seu pasamento (1981), foi nomeada presidenta da Fundación Penzol. Baixo a súa presidencia a fundación cambiou de sede e impulsou a informatización do proceso técnico dos fondos. En 2002 recibiu a Medalla Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Seguidor de M. Fortuny, cultivou a pintura de ambientación do s XVIII (El nieto del general) e o realismo (Una desgracia).
VER O DETALLE DO TERMO