Jiang Zemin
Jiang Zemin
Político chinés. Enxeñeiro técnico, en 1946 ingresou no Partido Comunista Chinés e ocupou cargos técnicos en diversos ministerios; foi ministro de Industria (1983-1985) e alcalde de Shangai (1985-1989). Xefe das forzas armadas e secretario xeral do PCCh desde 1989, en 1993 foi designado presidente da República. Converteuse no home forte do réxime á morte de Deng Xiaoping (1997), e continuou a orientación deste, mantendo a coexistencia entre liberalización económica e control político. En 2003 foi substituído na presidencia da República por Hu Jintao.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Yangzhou