"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PERSOEIRO
Teólogo e xurista. De nome Lucilio Vanini, defendía unha relixión natural panteísta, de alcance universal, motivo polo cal foi procesado e condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Macedonia que nace na cordilleira de Šar, preto de Gostivar. Pasa por Skopje, penetra na Macedonia grega e desemboca no delta do golfo de Salónica, no Mar Exeo. A súa conca constitúe a vía tradicional de comunicación entre o Mediterráneo oriental e Europa Central. Posúe 396 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que varea as árbores para que caian os froitos.
-
-
Golpear cunha vara as pólas dunha árbore para que caia o froito.
-
Golpear cunha vara.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo varego.
-
Individuo do pobo varego.
-
Pobo normando escandinavo que, baixo a éxida de Rurik, se estableceu en Novgorod contra 860, mesturouse cos eslavos do Volga, do Don e do Dniéper e, seguindo a Oleg, fillo de Rurik, erixiu como capital a cidade de Kiev.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
areixa.
-
-
Tarabela do muíño.
-
ariña que fai de eixe na canela da lanzadeira do tear.
-
Corda grosa que se emprega para amarrar a carga.
-
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, cinco paus de sinople. Outro, en campo de ouro, cinco bandas de sinople. Outro, en campo de ouro, cinco paus de sinople, e entre cada dúas delas unhas flores de lis de goles, colocadas en banda, e a vara do centro cargada con outra flor de lis igual ca as descritas e formando faixa con elas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e actor. Emigrou a Arxentina e entrou en contacto con numerosos actores, como Tacholas e Maruxa Villanueva. Cofundou a compañía de teatro Aires da Terra, posteriormente chamada Compañía Galega Maruxa Villanueva, coa que estreou varias das súas obras en diversas cidades arxentinas e en Montevideo. Participou na posta en escena de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1941). Nos seus dramas parte dun conflito amoroso, ligado en ocasións a un tema social, onde o cacique é un dos protagonistas. Destacan O ferreiro de Santán (1975), Taberna sin dono (1975), A xusticia dun muiñeiro (1977), Se o sei... non volvo a casa (1977) e O cego de Fornelos e outras comedias curtas, diálogos e monólogos (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático de Fisioloxía. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1970. Creou o Laboratorio Histolóxico de Santiago de Compostela. Desenvolveu, xunto ao seu labor docente, unha actividade científica nas áreas da divulgación de Histoloxía e Microbioloxía. Publicou Contribución al estudo de la médula espinal (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego. Gobernador civil de Lugo (1923-1930), fundou a Federación Católica Agraria e presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias. Escribiu Orientaciones Regionalistas (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Reza, Ourense. Foi construída en 1818 por Xosé María Deza e Losada e Antonia Ibáñez, filla do marqués de Sargadelos. Consta de planta rectangular e dous pisos, con bufarda en forma de T e varias construcións adxectivas. Realizouse en cantaría e destaca especialmente a cheminea da cuberta, coroada con pináculos. Pegada á muralla que rodea a propiedade está a capela (1826), que remata cunha espadana labrada. O conxunto rodeouse cun muro.
-
GALICIA
Médico. Catedrático de Fisioloxía e Patoloxía e médico do Real Hospital, foi un defensor de Isabel II e sobre todo da reforma educativa que se estableceu en 1845. Membro da Real Sociedade Económica Amigos del País e da Academia de las Ciencias de Madrid, escribiu Distinción entre la verdadera y falsa experiencia en Medicina, y caracteres del verdadero médico según las ideas del célebre Zimmermann (1821) e Preceptos y consejos sobre el cólera (1865). Recibiu a Gran Cruz de Carlos III e a Gran Cruz de Oro de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Mecha Ortiz, da súa numerosa filmografía destacan Mujeres que trabajan (1938), El gran secreto (1942), Camino del infierno (1945), Cartas de amor (1951), Bendita seas (1956), Boquitas pintadas (1974) e Piedra libre (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo. Doutor en Dereito e Musicoloxía, e cofundador da Revista de Folklore (1980), traballou como crítico musical no diario El Norte de Castilla desde 1978 e colaborou no Dicionario de la Música Española e Hispanoamericana, na Gran Enciclopedia Gallega e no The New Grove Ditionary of Music and Musicians. Publicou Temas de economía política (1971), Economía aplicada al turismo (1975), Encuentros con la música... desde mi mesa (1981), Dúo pianístico Frechilla-Zuloaga (1983) e Juan Montes, un músico gallego (1990). Membro da Sociedad Española de Musicología e da Real Academia de Bellas Artes de Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais e presidente de ADEGA, da que fundou a delegación de Santiago de Compostela. Promoveu numerosas campañas de sensibilización e reinvidicación da conservación do medio natural galego e contra os residuos radiactivos. Escribiu A Contaminación das centrais nucleares (1981) e Celulosas e progreso (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Briallos, Portas 9.12.1952) Pintor. Os seus cadros amosaron unha tendencia intimista que se mantivo entre a figuración e a abstracción. Tocou diferentes temáticas como os bodegóns, (Peixes e froitas, 2002; Polbo, 2002), retratos (Carmela, 1989; María con sopa, 1989) e paisaxes (Parque, 1989; A miña aldea, 2001). Destacaron tamén as súas composicións de interiores (Elisa a contraluz, 1988; O almorzo, 1988), en espazos que mesturaron a visión xeométrica con outra máis visceral, próxima ao abstracto e ás escenas festivas (Cíngaros, 2002), que empregou como pretexto para poñer de manifesto un variado xogo cromático, tendencia que nalgunhas obras se trocou por tons máis agrisados (Elisa, 2002). Foi o gañador do I (1985) e do III (1989) Premio da Bienal Internacional de Pintura da Fundación Araguaney en Santiago de Compostela e do XI Premio de Pintura Durán de Madrid (1994).
-
GALICIA
Deseñador e debuxante. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (1987). Traballou en publicacións como A Nosa Terra, Can sen Dono, Taka de Tinta, TBO ou Golfiño, actividades que alternou coa ilustración de libros e o cartelismo. Promotor da revista A ameixa cacofónica (1983) e da primeira páxina web de banda deseñada en galego, Ameixa Cómics (1996), acadou sona cos personaxes Xeixas Johnson e Anamarciana, da que publicou Anamarciana (2001). Recibiu o Premio Curuxa do Humor (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1985-1986) e deputado por Lugo no Congreso (1986-1996) polo PSdeG-PSOE e vicepresidente segundo da Comisión de Xustiza (1996-1998). Foi concelleiro (1983-1987) e tenente de alcalde (1979-1983 e 1987-1991) do Concello de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Ingresou na carreira fiscal en 1985. Fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desde 2004, foi fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (1985-2004) e fiscal Provincial de Protección de Menores de Pontevedra (1987-2004). Foi presidente da Comisión de Xustiza Gratuíta de Vigo (1997-2004). Colaborou en diversas publicacións especializadas e en Contos da Xustiza (2002). Membro da Fundación Premios da Crítica, Amigos do Couto Mixto, da Fundación Álvaro das Casas e vogal da Fundación Menela, recibiu o Premio Lois Peña Novo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO