Varela Ferreiro, Alberto
Varela Ferreiro, Alberto
Deseñador e debuxante. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (1987). Traballou en publicacións como A Nosa Terra, Can sen Dono, Taka de Tinta, TBO ou Golfiño, actividades que alternou coa ilustración de libros e o cartelismo. Promotor da revista A ameixa cacofónica (1983) e da primeira páxina web de banda deseñada en galego, Ameixa Cómics (1996), acadou sona cos personaxes Xeixas Johnson e Anamarciana, da que publicou Anamarciana (2001). Recibiu o Premio Curuxa do Humor (1987).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Carballo