"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pó amarelo, moi poroso e cáustico, que se funde a 2.430°C. Obtense por calcinación do seu hidróxido ou do seu nitrato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de estroncio, de fórmula SrCO3. Cristaliza no sistema rómbico en cristais prismáticos, ás veces pseudo-hexagonais; tamén está presente en masas columnares, fibrosas ou granulares, e son frecuentes as maclas. Ten unha dureza 3,5 e unha densidade 3,8. De cor gris amarela ou verdosa, presenta o brillo do vidro e é translúcida.
-
-
Relativo ou pertencente ao estroncio.
-
Que contén estroncio.
-
-
-
Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, grupo II A da táboa periódica entre o calcio e o bario, de número atómico 38, peso atómico 87,62 e número de oxidación +2. É un metal branco de maleabilidade e dureza medias. Identificouno como elemento H. Davy en 1808. Coñécense tres variantes alotrópicas: Srα, cúbica, de caras centradas, Srβ e Srγ. O mineral de estroncio máis importante é a celestina. O método de Guntz (1907) para a obtención do estroncio consiste en quentar a 1.200°C unha mestura de óxido de bario e de pós de aluminio ao baleiro, e ten lugar a reacción 2Al+3SrO→ Al 2 O 3 +3Sr, cun gasto de enerxía de 26kcal. A débil volatilidade do aluminio permite a recuperación do estroncio por destilación.
-
Substancia cristalina e delicuescente que se funde a 88°C, soluble en alcohol e insoluble en éter. Emprégase como sedante e antiepiléptico.
-
Pos incoloros que se funden a 570°C. Mesturado con outros aditivos, emprégase en pirotecnia, para producir luz vermella e sinais luminosos no exército.
-
Substancia que se presenta en forma dunha masa cáustica e porosa que se obtén por disociación térmica a 1.200°C do seu carbonato, segundo a ecuación SrCO 3 SSrO+CO 2 . Emprégase para refinar o xofre.
-
-
-
-
Ruído moi forte.
-
Rebumbio con ruído e balbordo.
-
-
Ostentación ou pompa coa que se fai algo.
-
-
-
Que causa estrondo.
-
Que é moi pomposo ou luxoso.
-
-
-
Utensilio de esparto machacado ou doutro material áspero que se emprega para fregar, especialmente a louza.
-
Persoa ou cousa inútil ou desprezable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compoñentes dun dos catro grupos en que se dividen as hormonas esteroideas. Prodúcense principalmente nos ovarios, pero tamén en menor cantidade nos testículos, nas glándulas adrenais e na placenta. Os estróxenos son responsables do desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios femininos, como o desenvolvemento mamario, e dos cambios cíclicos do epitelio da vaxina e do endotelio da matriz durante o ciclo ovárico. Segréganse a niveis altos durante a ovulación, preparando o útero para a xestación. Os estróxenos principais son o estradiol, a estrona e o estriol. Sintetízanse a partir dos andróxenos; por exemplo, o estradiol orixínase a partir da testosterona. Adminístranse os estróxenos nos trastornos menopáusicos, como contraceptivos orais e no tratamento dalgúns carcinomas de mama e próstata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rela.
-
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Comezou a súa carreira en 1938 na Residencia de Estudiantes de Barcelona, onde presentou unha versión paródica de Don Juan Tenorio. Residiu en Inglaterra (1939-1948), onde realizou traballos de dirección, colaborou coa BBC e coordinou obradoiros de teatro para nenos refuxiados. En 1949 marchou a Montevideo, onde participou activamente na creación do grupo El Galpón e impartiu docencia teatral na Escuela Municipal de Arte Dramático. De volta en España, iniciou unha longa actividade como profesor de teatro. Impartiu cursos e talleres para institucións e compañías, e iniciou unha intensa colaboración co Teatro Circo da Coruña, con quen dirixiu o espectáculo O entremés famoso da pesca no río Miño (1973). En 1978 obtivo a cátedra de Interpretación da Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, desde a que promoveu a creación de novas compañías como Zascandil.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos estruciónidos.
-
Ave da familia dos estruciónidos.
-
Familia de aves da orde dos estrucioniformes á que pertence a avestruz.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos estrucioniformes.
-
Ave da familia das estrucioniformes.
-
Orde de aves á que pertencen as avestruces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea perenne, do xénero Urtica, cuberta de pelos compostos e urticantes, de talos de sección cadrada e follas ovais dispostas de xeito oposto. En Galicia están presentes as especies: Urtica dioica, perenne e dioica, de inflorescencias ramificadas -as femininas pendurantes-, co pecíolo máis curto ca a metade do limbo e follas de ata 15 cm de lonxitude; Urtica membranacea, co pecíolo máis longo ca a metade do limbo, follas de ata 9 cm de lonxitude, ovadas e dentadas e inflorescencias unisexuais -as inferiores femininas máis curtas e as superiores masculinas máis longas ca o pecíolo-; Urtica pilulifera, monoica, anual ou bienal, coas follas co pecíolo un pouco máis curto ca o limbo, de 6 a 12 cm, dentes da marxe moi profundos, de ata 2 cm, inflorescencia masculina en panícula e feminina esférica, densa e de ata 1 cm de diámetro; e Urtica urens, co pecíolo máis longo ca a metade do limbo, follas ovadas de ata 4 cm dentados, flores femininas máis comúns ca as masculinas, dispostas en inflorescencias...
-
-
Fretar ou picar con estrugas.
-
Sufrir unha irritación cutánea ao fretarse con estrugas.
-
-
-
de estrullar ou estrullarse.
-
Aplícase ao animal vacún que está moi fraco ou desnutrido. Na tradición oral recóllense ditos como: “Vaca estrullada, nin leite nin crianza”.
-
-
-
Apertar algo con moita forza para extraerlle o zume ou o líquido que contén.
-
Apertar ou comprimir algo ou alguén con forza, esmagándoo ou deformándoo.
-
Magoarse ou levar un golpe nalgunha parte do corpo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de estrullar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar estrume na corte dos animais para que fagan esterco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
exetación propia do monte, como toxos, fentos ou herba, que serve para estrar a corte e facerlles a cama aos animais.