"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Que produce gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Nacionalizouse sueco en 1940. Estudiou medicina na Universidade de Helsinqui, onde se graduou en 1927. Traballou na Universidade de Pensilvania, no laboratorio Sherrington de Oxford, na Universidade de Helsinqui, no instituto Nobel de Estocolmo e na facultade de Medicina do instituto Karolinska de Estocolmo, onde foi xefe do departamento de neurofisioloxía. Os seus estudios centráronse na neuroloxía da visión, concretamente na acción dos receptores da retina. Entre as súas obras destacan Os mecanismos sensoriais da retina (1947) e Os receptores da percepción sensorial (1955). En 1967 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina e Fisioloxía, que compartiu con Haldan Keffer Hartline e George Wald, polos seus traballos e descubrimentos sobre a fisioloxía da visión e o control das neuronas motoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido que presenta textura e aspecto granulado ou de crepe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao granito.

    2. Que semella granito ou presenta as súas características.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos mediante os que unha rocha se transforma ata adquirir a estrutura e a composición do granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha plutónica, ígnea, ácida, de textura granuda e composta fundamentalmente de cuarzo, feldespatos e micas, que pode levar minerais accesorios como anfíbolos e piroxenos, etc. Existen granitos de varias cores, segundo a proporción dos seus compoñentes, cor clara, branca, rosa, verdosa ou gris. Ten unha densidade entre 2,65 e 2,80. A xénese das rochas graníticas é de dous tipos: por fusión parcial de rochas metamórficas en zonas profundas da codia terrestre, dando lugar aos granitos alcalinos, ou por intrusión de masas magmáticas, orixinando os granitos calcoalcalinos. É unha das rochas máis abundantes na codia terrestre; en España atópase principalmente nos Pireneos e en Galicia, onde supón unha importante industria de pedra de cantería e ornamental. Ademais, os xacementos galegos de granitos relaciónanse cos xacementos de rochas como os feldespatos, micas ou caolín que tamén teñen moita importancia industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Clase indefinida de rochas dun aspecto semellante ao do granito, pero con diferente composición.

    2. Calquera rocha do grupo do granito.

    3. Nome que se dá, en traballos de campo e nunha primeira clasificación, a unha rocha que pode ser un granito, unha granodiorita ou unha tonalita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se alimenta de gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (2.076 h [1991]). A agricultura é o principal sector económico. Do seu patrimonio cultural destacan a Torre Mora (s XII), a igrexa de San Pedro e a ermida da Santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto real situado na serra de Guadarrama, a 11 km de Segovia. Construíuse por orde de Filipe V entre 1721 e 1739. O palacio e a colexiata comezounos Teodoro Ardemans (1723-1725). Isabel de Parma outorgoulle un aire italiano ao conxunto no que traballaron Andrea Procaccini, Sempronio Subiasti, Filippo Juvara e Giovanni Battista Sachetti. En 1740 Isabel de Farnese mandou construír os cuarteis e cortes no lado O, e a finais do s XVIII Juan de Villanueva erixiu a torre do reloxo. Os xardíns, de inspiración francesa ao xeito de Le Nôtre, proxectáronos René Carlier e E. Boutelou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, no límite SL da comunidade autónoma (2.492 h [2001]). Destaca a agricultura e a gandería, ademais dos xacementos de chumbo. De orixe musulmana, pertenceu á orde de Santiago ata que en 1404 pasou á xurisdición de Azuaga, baixo a que permaneceu ata 1565, cando Filipe II lle outorgou o título de vila. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Concepción, coa torre gótico-mudéxar, declarada Ben de Interese Cultural en 1932, a ermida da Magdalena (s XVI) e a fachada mudéxar da Biblioteca Municipal (ss XV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que son coñecidos os acontecementos que tiveron lugar no Real Sitio de La Granja de San Ildefonso en setembro de 1832 ao redor da cuestión da sucesión de Fernando VII. Tras agravarse a doenza do monarca, o primeiro ministro, F. T. Carlomarde, xunto co confesor real e varios membros do corpo diplomático, convenceron o rei para asinar un codicilo no que se derrogaba a Pragmática Sanción, sendo así recoñecidos os dereitos sucesorios do seu irmán, Carlos María Isidro de Borbón. Informada a infanta Luísa Carlota, irmá da Raíña María Cristina de Borbón, presentouse en La Granja e, co apoio da burguesía, convenceu a súa irmá e o rei para anular o codicilo, restituír a Pragmática Sanción e apartar do goberno a F. T. Carlomarde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Cuba (8.372 km2; 824.897 h [estim 1998]). A capital é Bayamo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ligadura de palla coa que se atan os feixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura das rochas metamórficas, que se constitúe de elementos equidimensionais formados durante a recristalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (53.105 h [2001]). De orixe romana, converteuse na Idade Media no principal mercado de cereais da rexión. Vinculado desde 1418 a Barcelona, adquiriu o título de cidade en 1925. Do seu patrimonio cultural destacan o campanario de Sant Esteve (s XV), o Can Bassa (s XV), o edificio da Porxada (s XVI), a casa do Conestable (s XVI) e o hospital de San Domenech.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten grans ou que os forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Archibald Alexander Leach.

    VER O DETALLE DO TERMO