"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
PERSOEIRO
Físico. Traballou en diversas universidades estadounidenses, no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), colaborou no Brookhaven National Laboratory de Nova York (1955) e dirixiu o Laboratorio Fermio, en Batavia, Illinois (1979-1989), do que é director emérito. En 1988, xunto con M. Schwartz e J. Steinberger, recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento do neutrino muónico en 1962 e pola demostración da dobre estrutura dos leptóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carme Rodríguez de Legísima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei para a normalización do galego que pretende garantir e regulamentar o proceso normalizador do galego como lingua propia do país, asegurar a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e servir de marco xurídico propio para posteriores procesos específicos en áreas concretas da sociedade galega. O texto final oficial da LNL foi debatido no Pleno do Parlamento o 15 de xuño de 1983 e aprobado, por unanimidade, por todos os grupos parlamentarios constituídos (AP, UCD, PSOE, PCG e EG). Os tres deputados do BNG-PSG non formaban parte do arco por expulsión ante a negativa a xurar acatamento á Constitución. Foi promulgada o 14 de xullo de 1983, pero en outubro o Goberno central (PSOE acababa de tomar posesión do executivo) interpuxo recurso contra dous artigos: 1.2 (“Todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito de usalo”) e todo o art 7, baseándose no art 161.2 da Constitución. O Tribunal Constitucional ditou sentenza xunto coas sentencias de impugnación das...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, que se converteu na primeira lei educativa da democracia. A LRU comprendía a universidade como un elemento dinamizador da racionalidade moderna e dunha sociedade libre: autonomía, participación social e eficacia. A autonomía que a LRU tentou establecer precisaba dunha relación equilibrada entre a propia institución universitaria e o estado. Tres foron as perspectivas posibles en que se foi desenvolvendo esa autonomía: académica, de goberno e financeira. O título II concibía o Consello Social como órgano de participación da sociedade na universidade. A heteroxeneidade dos membros do Consello supuña, a priori, un índice positivo de eficacia e unha garantía da presenza real da sociedade na institución universitaria. Regulamentaba o dereito que todos os cidadáns teñen de estudar na universidade e establecía as condicións de acceso e permanencia na institución. Con respecto ao profesorado, simplificou as categorías ou estableceu equivalencias entre estas,...
-
ENTRADA LARGA
Fórmula para calcular a derivada enésima do produto de dúas funcións u e v. A fórmula é
FORMULA
Onde
FORMULA2
é un número combinatorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lemuriformes.
-
Mamífero da infraorde dos lemuriformes.
-
Infraorde de mamíferos, da orde dos primates que inclúe individuos das familias dos lemúridos e dos índridos, entre outros.
-
-
PERSOEIRO
Dramaturgo. Formouse na escola do Grand-Guignol e na súa obra obsérvase a influencia de Čekhov, Strindberg e Pirandello. Das súas obras destacan O ladrón de soños (1922), Á sombra do mal (1924), Un amor máxico (1926), Unha vida secreta (1929), O crepúsculo do teatro (1934), Terra de Satán (1943) e Confesións dun autor dramático (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lenticular.
-
PERSOEIRO
Rei de Armenia (1320-1341). Casou en segundas nupcias con Constanza de Aragón, raíña viúva de Chipre. Combateu contra as invasións de mamelucos e mongois, pero non puido evitar que o sultán Rasir de Exipto invadise Armenia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Armenia (1320-1341). Casou en segundas nupcias con Constanza de Aragón, raíña viúva de Chipre. Combateu contra as invasións de mamelucos e mongois, pero non puido evitar que o sultán Rasir de Exipto invadise Armenia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente. Foi o último membro da dinastía isáurica. Sucedeu a Miguel I Rangabé en 813 como consecuencia da revolta militar dos iconoclastas. En 815 fixo depoñer nun concilio ao patriarca Nicéforo e condenou novamente o culto das imaxes. Morreu asasinado na igrexa de Santa Sofía polos partidarios de Miguel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se segmenta en anacos en forma de escama.
-
-
Relativo ou pertencente aos lepidosireniformes.
-
Peixe da antiga orde dos lepidosireniformes.
-
Antiga orde de peixes osteíctios, incluída dentro da orde dos dipnoos, que ten o corpo alongado e subcilíndrico, cuberto de escamas cicloides, as aletas impares afundidas e a cola coa aleta caudal reducida e substituída polas partes terminais das aletas dorsal e anal, simétricas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lepisosteiforme.
-
-
Relativo ou pertencente aos lepisosteiformes.
-
Peixe da orde dos lepisosteiformes.
-
Orde de peixes osteíctios, da subclase dos actinopterixios, que presenta caracteres arcaicos. Formaron un grupo diverso no Triásico e Xurásico, pero que está reducido a unha soa familia de peixes de auga doce ou salobres que se caracteriza por ter o fociño moi alongado, moitos dentes cónicos e afiados e o esqueleto ben osificado.
-
-
RIOS
Río de México (515 km) que nace no altiplano de Toluca, no estado de México, e desemboca no lago Chapala, onde ten a súa prolongación o río Grande de Santiago. Os seus afluentes principais son Laja, Iranuato e Turbio. Posúe centrais hidroeléctricas en Tepuxtepec e Solís.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela-León, regado polo río Arlanza (2.587 h [2001]). É un mercado agrícola con actividade industrial nos sectores alimentario e téxtil. O núcleo ten unha serie de edificios, construídos no s XVII, entre os que se atopan o Pazo dos Duques e construcións relixiosas. Da mesma época consérvanse as murallas. O conxunto histórico da cidade foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, foi membro do PSPV-PSOE, e en 1980 converteuse no seu secretario xeral. Foi deputado no Parlamento (1979-1983) e senador desde 1995. Conselleiro de traballo no goberno preautonómico (1978-1979), foi presidente da Generalitat Valenciana (1983-1995). Ocupou o ministerio de Administracións Públicas (1995-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Gómez de Sandoval Rojas y de Borja.
-
PERSOEIRO
Poeta. Influído na súa mocidade por A. S. Puškin, a súa obra orientouse cara a un romanticismo byroniano que daba importancia esencial á experiencia íntima do poeta. Posteriormente, acentuou os elementos realistas, o que se reflite, en parte, no seu paso á prosa cunha escolma de relatos capitais no tránsito do romanticismo ao realismo na literatura rusa, tal e como aparece en Geroj nasego vremeni (Un heroe do noso tempo, 1840). Da súa produción destacan as obras teatrais Os españois (1830), Homes e paixóns (1830), Mascarada (1836) e Os dous irmáns (1836), e a obra poética A morte do poeta (1837), obra que o fixo famoso e provocou o seu exilio ao Cáucaso.
VER O DETALLE DO TERMO