Lerma
Lerma
Municipio da provincia de Burgos, Castela-León, regado polo río Arlanza (2.587 h [2001]). É un mercado agrícola con actividade industrial nos sectores alimentario e téxtil. O núcleo ten unha serie de edificios, construídos no s XVII, entre os que se atopan o Pazo dos Duques e construcións relixiosas. Da mesma época consérvanse as murallas. O conxunto histórico da cidade foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1965).