"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

    1. Persoa que exerce a súa autoridade como xefe a cargo da dirección e o coidado de algo, incluído as persoas que alí traballan.

    2. Persoa encargada da administración económica de España nos ss XVIII e XIX. O cargo foi creado por Filipe V (1714) e suprimiuse en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (8.124 km2; 1.325.694 h [2000]). A súa capital é Surin (37.859 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América meridional, que xunto a Venezuela e Guyana Francesa forman a rexión de Güiana. Limita ao O con Guyana, ao L con Guyana Francesa, ao S con Brasil e ao N co Océano Atlántico (163.820 km2; 420.000 h [estim 2001]). A súa capital é Paramaribo.
    Xeografía
    O territorio está formado por unha ampla chaira costeira, un altiplano central e unha rexión montañosa ao S. No S sitúanse os montes Wilhelmina e os Oranje, onde se encontran os cumes máis altos (Juliana Top 1.280 m). As costas son baixas e uniformes. O clima é ecuatorial, con estacións seca e chuviosa. A selva pluvial ecuatorial cobre o 95% do territorio. A agricultura concéntrase nas chairas costeiras e nos vales fluviais. Ten como principal cultivo o arroz, seguido de bananas, aceite de palma, cana de azucre, cítricos, coco, millo e vexetais. O bosque produce unha notable variedade de madeiras. Dentro da minaría destaca a produción de bauxita, ferro e níquel. As comunicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Surinam ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Surinam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director do Teatro Real de Copenhaguen desde 1873. Das súas composicións destacaron as Catro sinfonías norueguesas (1872-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das oleáceas, ao que pertencen as lilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta húngaro. As súas obras Te meg a világ (Ti e o mundo, 1932), Különbéke (Paz por separado, 1936), Hare az ünnepért (A loita pola festa, 1938) e Régen és most (Antes e agora, 1943) manifestan un ton pesimista. Publicou a escolma Tücsökzene (Música dos grilos, 1947), unha autobiografía en verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tagarinos.

    2. Mourisco que habitaba a Península Ibérica xunto cos cristiáns que, por falar ben as dúas linguas (a árabe e a romance) apenas se podían distinguir. O termo foi utilizado especialmente a partir da expulsión dos mouriscos (1609-1614).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Codosedo (Sarreaus). O seu cumio acada os 985 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de pasta feita de fariña ou arroz en forma de lámina longa e estreita, que se come cocida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore robusta, de ata 24 m de altura, con follas pinnatisectas e colgantes, flor amarela pálida, con pintas vermellas, zigomorfas, hermafroditas, con catro sépalos e tres pétalos e froito en legume. É orixinaria de África tropical. Cultívase nas rexións cálidas como árbore froiteira, ornamental e de sombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso italiano. Sacerdote vinculado á igrexa sansenista de Utrech e representante principal do xansenismo en Italia, preparou, dirixiu e divulgou o Sínodo de Pistoia (1786). Foi un divulgador fecundo, como o mostran os 41 volumes das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral de monicreques fundada en 1983 por Miguel Borines, Eduardo Rodríguez e Andrés Giráldez. Ao longo da súa carreira crearon trece espectáculos, dos que destacan Migallas e cirigaitas (1983), Rosalin no país do sol (1984), O cumpreanos da infanta (1987), Titiricircus (1989), con máis de setecentas representacións por todo o mundo; O bebé (1990 e 1991), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), Contaloucos (1998) e Rapatú (2002). Empregan técnicas moi diversas de manipulación dos monicreques para os seus espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Tánxer ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Tánxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da clase dos ascomicetos, que son parasitos de pexegueiros e cerdeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tentar a vaca onde pousar o pé porque o ten ferido ou dorido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido sulfónico que se presenta na bile asociado cos outros ácidos biliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao touro ou ás corridas de touros.

    2. Que ou quen é afeccionado aos touros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Ourense. Construído entre 1837 e 1839 por Santiago Sáenz Martínez, nun estilo entre o barroco e o romanticismo. Experimentou varias remodelacións e ampliacións, como a instalación dun cine en 1915. A piques de ser derrubado en 1975, unha campaña de sensibilización logrou que se restaurase e reabrise na década de 1990. A fachada principal organízase con tres corpos: baixo, principal con dous pisos e superior, rematados por unha cornixa; e caracterízase pola sobriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Santiago de Compostela. Construído entre 1840 e 1841, destaca a fachada de cantaría, en estilo neoclasicista tardío. Conta cun baixo de soportal, aberto con cinco vans: tres arquitrabados e dous rematados en arco de medio punto rebaixados, sobre os que se alzan dúas alturas, case ausentes de decoración ao exterior. O piso principal, de maior altura, organízase en cinco vans arquitrabados e o superior, amodo de ático, conta con cinco ventás cadradas, separadas por resaltes circulares de pedra. Sufriu varias reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO