"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Liaoning, China (124.219 h [1990]), situada á beira do río Lilianxiaohe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Pontevedra o 2 de abril de 1998. Desde un principio especializouse na edición de libros e contos infantís, caracterizados por unha coidada presentación e contidos novidosos. Presenta as coleccións: “Tras os montes”, “Demademora”, “Os contos do trasno”, “Biblioteca de Panteno”, “Maremar”, “Sondeconto”, “Minilibros para soñar”, “Seteleguas”, “Tiramillas” e “MAKAKIÑOS”. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Ilustración polas obras O coelliño branco (1999) e Onde perdeu Lúa a risa? (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo teatral creado en 1989 por Antón Lamapereira, Manuel F. Vieites e varios alumnos da Aula de Teatro da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Entre os seus espectáculos destacan Tripi, Trapa e o pirata Malapata (1990), con dirección de Manuel F. Vieites, Lisquemos, Marqués, lisquemos (1991), con dirección de Antón Lamapereira, O ponche (1992), con dirección de Emilio Goyanes, O hobbit (1993), con dirección de João Luíz ou Narnia (1994), con dirección de Manuela Rodríguez Lorenzo. Posteriormente, a compañía centrou as súas actividades na realización de traballos de animación á lectura, de intervención escénica en diversas celebracións ou de promoción da tradición oral para, finalmente, potenciar a creación da editorial homónima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome malaio da illa de Borneo.
-
PERSOEIRO
Político ruso. Participou na Revolución de 1905 e foi un dos dirixentes da Revolución de 1917, acadando o cargo de presidente do comité central dos soviets (1923) e de presidente da URSS (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1095-1116). Sucedeu ao seu tío Ladislau I. Home culto, reorganizou o estado e conquistou Croacia (1102).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor húngaro. Estreou en Viena as súas operetas máis famosas, tituladas Der Zigeunerprimas (1912), Die Csardasfürstin (1915) e Gräfin Mariza (1924), nas que xuntou as tradicións vienesas da opereta cun toque húngaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, poeta e gramático húngaro. Cultivou a literatura en esperanto; os seus poemas orixinais aparecen, sobre todo, nas coleccións Stre cita Kordo (Corda tensa, 1931), Rimportretoj (Retratos en rima, 1931) e Ezopa Sa go (Sabedoría de Esopo, 1956). É autor de versións en verso de Baudelaire, Dante, Goethe, Heine, Shakespeare e dos escritores húngaros Madách e Petöfi, entre outros. Como ensaísta e gramático, cómpre salientar Lingvo stilo formo (Lingua, estilo, forma, 1931), Parnasa gvidlibro (Guía ao Parnaso, 1932) e Plena Gramatiko de Esperanto (1935); as dúas últimas en colaboración co profesor francés Gaston Waringhien.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Maria Callas, foi discípula de Elvira de Hidalgo en Atenas. En 1947 comezou en Verona a súa carreira internacional interpretando La Gioconda, de Ponchielli. A súa voz, dunha grande extensión, xunto coa expresividade de que era capaz e o seu talento como actriz dramática, convertérona na diva indiscutible da ópera mundial durante a década de 1950. Retirada no ano 1965, por razóns persoais, volveu facer recitais con G. Di Stefano durante os anos 1973-1974, despois dos que se retirou definitivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Bulgaria (1197-1207). Sucedeu ao seu irmán Pedro I e estendeu o reino ata Belgrado e Varna. Derrotou o Emperador latino Balduíno I de Constantinopla (Adrianópole, 1205) e apoderouse de Tracia. Máis tarde dirixiuse contra Bonifacio de Montferrato, rei de Tesalónica, e durante o cerco desta cidade morreu asasinado por un dos seus xenerais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor grego. Fundador e director do conservatorio nacional de Atenas en 1926, está considerado un dos principais creadores da escola moderna de compositores gregos. Da súa obra sobresae a ópera O mestre de obras (1916), a composición sinfónica O vendedor ambulante (1922) e tres sinfonías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta grego. Publicou unhas vinte Odas (1824-1826), influídas polo neoclasicismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Mahārāstra, India, ao O de Bombai, formando parte da aglomeración urbana de Ulhāsnagar (1.014.557 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jacob van Campen.
-
CIDADES
Cidade situada na oblast´ de Khmel´nyc´kyj, Ucraína (109.382 h [1999]). As actividades económicas máis importantes son as industrias conserveiras e de maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken situado na illa de Honshū, Xapón (2.403 km2; 8.489.984 h [2000]). A súa capital é Yokohama.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico que pertence estruturalmente ao grupo da estreptomicina e que é producido por bacterias da especie Streptomyces kanamyceticus.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Kasai Occidental, República Democrática do Congo (393.030 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ken de Ishikawa, situado na illa de Honshū, Xapón (455.386 h [2000]). Conserva o aspecto da antiga cidade fortaleza feudal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (19.483 km2; 733.255 h [2000]). A súa capital é Kanchanaburi (52.119 h [2000]).