"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antiga cidade de Asia Menor máis coñecida co nome de Kültepe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Gāndhāra (123-153). Membro da dinastía Kushān, estendeu os seus dominios cara a Asia central e India setentrional. Favoreceu a expansión do budismo por Asia central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión homónima, Guinea (261.341 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (11.564 km2; 229.851 h [1983]). A súa capital é Kankan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles dicinodontos, da familia dos kannemiéridos, propios de principios do Triásico, de ata 3 m de lonxitude, cabeza inmensa e peteiro forte e córneo. Foron herbívoros que se alimentaban fundamentalmente de follas e raíces. Os xacementos principais atópanse na República Sudafricana, Arxentina e India.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Kano, Nixeria (674.100 h [1996]). Antigamente, foi capital dos hausas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Nixeria, incluído dentro do estado de Jigawa (20.131 km2; 6.297.165 h [estim 1995]). A súa capital é Kano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Mikage, Xapón 1860 -Xapón 1938) Mestre e fundador do judo. Estudiou jiu-jitsu co mestre Iso e, en 1882, fundou a escola Kokokan, onde ensinou o seu método persoal, ao que denominou judo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, ao N de India, na beira do río Ganxes (2.532.138 h [2001]). Constitúe un centro comercial e un núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado no Medio Oeste (213.098 km2; 2.688.418 h [2000]). A súa capital é Topeka. Constituído por un altiplano rochoso inclinado de L a O, a metade oriental ten un clima semihúmido e a occidental semiárido. Os ríos máis importantes son o Kansas, ao N, o Arkansas, ao S, e o Missouri, que marca a fronteira ao NL. A súa economía baséase principalmente na agricultura e na gandería. Na xerarquía da súa rede urbana dominan as cidades de Wichita, Kansas City e Salina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de EE UU, situada na fronteira entre os estados de Kansas e Missouri e atravesada polo río Missouri, (441.545 h [2000]). É un mercado agrícola e un centro comercial e financeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Considerado un dos autores máis destacados da antiga Alemaña oriental, escribiu diversas novelas como Die Aula (A aula, 1965), Das Impressum (O pé de imprenta, 1972), Der Aufenthalt (A estadía, 1977), Der dritte Nagel (1982) e Komoran (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Pasou toda a vida na súa cidade natal, onde estudiou e foi catedrático na súa universidade. Atraído pola teoloxía, a matemática e a física de Newton, na súa primeira época (1747-1770) dedicouse aos problemas das ciencias, en relación cos sistemas de Leibniz e Wolff, e elaborou unha teoría sobre a orixe do sistema solar, a teoría de Kant-Laplace. A disertación De mundi sensibilis atque intelligibilis forma et principiis (1770) puxo fin a este período e iniciou unha nova etapa, que se estendeu ata 1780, caracterizada pola ausencia de publicacións. En 1781 iniciouse o período crítico, no que elaborou o seu sistema, o idealismo transcendental, que expuso nas súas obras principais: Kritik der reinen Vernunft (Crítica da razón pura, 1781 e 1787), Prolegomena zu einer jeden künftigen Metaphysik (Prolegómenos a calquera metafísica futura, 1783), Kritik der praktischen Vernunft (Crítica da razón práctica, 1788), Kritik der...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lääni de Finlandia (5.706 km2; 165.509 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Kant ou ao kantismo.

    2. Seguidor da filosofía de Kant ou do kantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema filosófico de Kant.

    2. Conxunto de filosofías inspiradas nos principios e o sistema kantianos. Dada a multiplicidade destas filosofías, a corrente kantiana presenta diferencias moi considerables. Mentres o idealismo, con J. G. Fichte, F. W. Schelling e G. W. Hegel, desenvolve o concepto de liberdade como a autoposición constituínte do mundo, o positivismo de A. Comte e J. Stuart Mill, retén as teses fenomenistas e agnósticas. Desde a segunda metade do s XIX ata principios do s XX abriuse paso o neokantismo, movemento de retorno a Kant. A influencia kantiana é determinante en E. Husserl, M. Heidegger, e na denominada filosofía aberta de F. Gonseth e G. Bachelard. En España destacaron autores como Ortega y Gasset, Manuel García Morente e José Gaos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, director teatral e escenógrafo polaco. Durante a ocupación nazi creou en Cracovia o Teatro Independente de xeito clandestino. Do mesmo xeito creou a compañía coa que desenvolvería e difundiría o seu estilo teatral, chamada Teatro Cricot 2, fundada por el en 1955. Influído ao comezo polo surrealismo e o expresionismo, posteriormente achegou ás súas obras elementos de tipo informalista. Das súas obras destacan A clase morta, Que rebenten os artistas, Aquí non volverei máis e Hoxe é o meu aniversario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático ruso. Membro da Academia de Ciencias da URSS, colaborou na teoría soviética da aplicación da programación lineal ao cálculo da planificación económica. Foi galardoado co Premio Nobel de Economía en 1975, xunto co economista estadounidense T. Koopmans, polas súas achegas á teoría da óptima localización dos recursos económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romanés. Participou en Cluj nunha revista para nenos. Na súa obra enlaza formas tradicionais con elementos modernos, como en Harmat a csillagon (Rosada sobre a estrela, 1964), Kikapcsolódás (Relaxación, 1966), Függöleges lovak (Cabalos verticais, 1968) e Szürkület (Crepúsculo, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dramaturgo xaponés. Considerado o iniciador do teatro Nō, ao que chegou a través dunha síntese de diversas tradicións escénicas entre as que están o sarugaku, o teatro dos samurais, a narración de baladas populares, os recitados e as danzas cantadas. O seu fillo Zeami Motokiyo desenvolveu plenamente o xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO