"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s I) Penitente. Personaxe do Novo Testamento, foi discípula de Xesús Cristo, a quen acompañou ata a súa morte na cruz e foi a primeira persoa que anunciou a súa resurrección. A tradición medieval occidental identificouna coa pecadora arrepentida que perfumou os pés de Xesús Cristo na casa de san Simón, citada nos Evanxeos de san Lucas, san Mateo e san Marcos. Discútese se María de Magdala, María de Betania e a pecadora anónima eran esta mesma santa. É a personificación das bágoas do arrepentimento. Na iconografía existen dúas tipoloxías: a Madalena cortesá de gran fermosura e sensualidade que, vestida con ricos vestidos, leva na man un vaso de perfume para lavarlle os pés a Xesús Cristo; e a Madalena penitente, xeralmente núa, co corpo cuberto por unha longa cabeleira, e que leva nas mans un cranio, un rosario e unha coroa de espiños. A súa festividade celébrase o 22 de xullo.
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador italiano. Coñecido como Sandro Botticelli, foi discípulo de frei Filippo Lippi e, estivo influído polos irmáns Piero e Antonio Pollaiolo, especialmente na volta aos temas mitolóxicos, e por Andrea Verrocchio. A maior parte da súa carreira desenvolveuse en Florencia, onde recibiu o apoio dos Medici. A súa obra, excluída a última etapa mística, representa a exaltación dun esteticismo decorativo e aristocrático ao servizo dun concepto da arte que reaccionaba contra o afán de reproducir con fidelidade a realidade. Pintou Giuditta e Oloferne (1469-1470) e tamén L’Epifania, (1475) e La Primavera (1477-1478), ambas as dúas para os Uffizi. Tres anos máis tarde foi chamado a Roma polo Papa Sisto IV para decorar a Capela Sixtina do Vaticano, onde traballou con Perugino, Pinturichio, Cosimo Rosselli e Ghirlandaio. Pintou Pallade che doma il Centauro (1485?), Nascita di Venere (1486?) e L’Annunciazione (1488-1490),...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en La Campiña, ao SO de Puente Genil (2.650 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Dirixiu o semanario La Coruña Risueña. A súa obra, de estilo epigramático, apareceu publicada en diversos diarios e revistas de Galicia e Hispanoamérica, como El Barbero Municipal, Galicia Moderna ou Galicia. Conseguiu o seu primeiro premio literario co traballo en prosa “A moda”, publicado en O Galiciano en 1889. Á súa morte deixou un libro de poemas, inédito, titulado Lleidatanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Chelín, iniciou a súa formación artística na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando para completala no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Participou en grupos pitóricos que na Coruña trataban de renovar a linguaxe artística galega da década de 1970, como A Carón ou A Galga. A variedade estilística da súa obra permitiulle pasar de temáticas figurativas tradicionais como o retrato, a natureza morta ou a paisaxe a propostas abstraccionistas en que foron constantes os recursos xestuais, sígnicos ou expresionistas. O dominio das cores, o debuxo e unha certa estética xeométrica están presentes na produción máis recente de Chelín. Recibiu o Premio Díaz Pardo (1999 e 2000). Posúe obra nas coleccións de Caixanova, Fundación Once e no Museo Carlos Maside.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Coñecido como Xoán Martínez Tamuxe, ordenouse sacerdote en 1960 e participou na creación do Museo Diocesano de Tui. Foi garda do conxunto histórico cultural do monte Santa Tegra, conservador do Museo Arqueolóxico do castro de Santa Tegra e membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Escribiu Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla (1983) e Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Integrante da segunda xeración de autores do Rexurdimento, a súa poesía ten carácter civil, con algunhas pinceladas humorísticas e burlescas, como os poemas “Rarezas” ou “O acordo y-o trasacordo, Soneto a Dª Ermitas Nóvoa”. Escribiu Poemas gallegos, seguidos de un tratado sobre o modo de falar e escribir con propiedade o dialeuto (1883) e os poemas “A fiada” (1884), composición premiada nos Xogos Florais de Pontevedra (1884), “Os fillastros”, “A volta do soldado”, “Os escravos”, “A romería”e “A lúa de Cangas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Hostaleiro. Director xerente do restaurante San Miguel de Ourense, foi director de restauración do Hotel Convención, xefe de restauración de Equidesa e presidente de restauración de Ourense. Membro da Chaime des Rotisseurs e da Ordre Mondial de Gourmets, recibiu a Placa al Mérito Turístico (1968 e 1987) e a medalla de ouro ao Mérito Profesional Hostelero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación teatral, inicialmente chamada Aires da Terra, creada en Bos Aires en 1938. Mantivo a súa actividade ata 1946. O seu fundador e director foi Manuel Daniel Varela Buxán e nela traballaron asiduamente Maruxa Villanueva, Eva Carreras, Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Ademais de diversos textos de Varela Buxán, a compañía estreou Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1941).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correspondencia que, segundo a teoría da relatividade, hai entre a masa m e a enerxía E dun sistema físico; a ecuación é E=mc 2 , onde c é a velocidade da luz no baleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tommaso di Cristoforo Fini.
-
PERSOEIRO
Atleta. Especialista na proba de marcha, foi campión (1993) e subcampión (1995) do mundo na distancia de 20 km, e obtivo a medalla de bronce na distancia de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000). Gañou 18 veces o campionato de España en diferentes distancias.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (1.993 km2; 442.427 h [2001]). A capital é Matale (36.000 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten moita idade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe bíblico, fillo de Henoc, pai de Lámec e avó de Noé. Patriarca da estirpe de Set, segundo a tradición recollida na Xénese, viviu 969 anos, feito que o converteu no prototipo da lonxevidade.
-
PERSOEIRO
Emperador romano, fillo de Marco Aurelio Valerio Maximiano. Foi excluído da sucesión despois de que o seu pai abdicase (305), pero os pretorianos proclamárono augusto. Trala reordenación do imperio (308) fuxiu á Galia. Posteriormente volveu a Roma pero non acadou a popularidade, malia que construíu enormes e custosos edificios. Enfrontouse con Constantino I na Batalla da Ponte Milvio e foi derrotado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (286-305 e 307-308). Foi enviado á Galia co título de césar durante o goberno do Emperador Diocleciano para reprimir a revolta dos bagaudas. Nomeado emperador en 286, acadou o mando sobre as provincias occidentais e residiu en Tréveris. Seguindo o exemplo de Diocleciano, abdicou e retirouse a Lucania (305), pero volveu ao poder en 307 e, despois de rexeitar o seu fillo Maxencio, nomeou emperador a Constantino I. Foi obrigado a abdicar novamante en 308.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano, fillo dunha medio irmá de Galerio. Foi adoptado e educado por este e en 305 foi elixido césar confiándoselle as dioceses de Oriente e Exipto. Foi proclamado emperador polos soldados (309) e, trala morte de Galerio, enfrontouse con Licinio polo goberno das provincias orientais. Foi derrotado preto de Adrianópole (313).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Xerusalén. Perseguido durante o goberno de Galerio, participou no Concilio I de Nicea (325) e no de Tiro (335), e encargouse de convocar un en Xerusalén para salvar a Atanasio das acusacións dos arianos. A súa festividade celébrase o 5 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Seara (O Courel). O seu cumio acada os 1.326 m de altitude e forma límite natural entre as provincias de Lugo e León.
VER O DETALLE DO TERMO