"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que non ten amnio.

    2. Animal vertebrado que ten o embrión carente de amnio, como os agnatos, os peixes e os anfibios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anamorfose.

    2. Que produce anamorfose: obxectivos anamórficos, espellos anamórficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento empregado para retornar ás súas proporcións normais unha imaxe distorsionada por anamorfose; polo xeral consiste nun espello cilíndrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Debuxo deformado dun obxecto que, visto dende un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.

    2. Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.

      1. Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos (espellos curvados, obxectivos especiais, etc).

      2. Técnica que aplicada en cinematografía consiste na compresión horizontal das imaxes dunha película obtida cun obxectivo anamórfico coa finalidade de que, ao seren proxectadas por outro obxectivo anamórfico, se reproduza a escena nas súas proporcións reais. É a base das impresións e proxeccións panorámicas e en cinemascope.

    3. Procedemento aplicado na pintura, no gravado e na escultura para designar a representación dun referente cunha perspectiva deformada. En literatura configura tamén un proceso de deformación da realidade por parte do enunciador.

    4. Tipo de crecemento que presentan as larvas dalgúns mandibulados cando no momento do nacemento non posúen aínda a segmentación completa nin o número definitivo de patas, que van adquirindo gradualmente despois de diversas mudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Turquía, no extremo meridional da Anatolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación angustiosa de carácter intermitente que priva de camiñar a algúns neurasténicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba bianual, de longas follas ríxidas, estreitas e agudas, e de marxes espiñosas, dispostas en roseta. O seu talo é curto, e as flores agrúpanse en inflorescencias compactas que dan lugar a unha infrutescencia carnosa comestible. Aínda que é oriúnda do norte de Sudamérica, cultívase en distintas partes do mundo polo interese da súa infrutescencia.

    2. Infrutescencia da planta do mesmo nome, de forma semellante á piña do piñeiro e cun penacho de follas verdes rematadas en punta. A cor exterior verde, antes da maduración, transfórmase nun bronceado, cando está no seu punto. A polpa de cor amarela clara, é escamosa, moi xugosa, aromática, doce, algo ácida e lixeiramente fibrosa, especialmente na parte central. Emprégase para facer zumes, aos que se pode engadir algunha bebida alcohólica. Tamén se utiliza como postre servido tanto ao natural como en conserva, en forma de chula, mousse, compota, confite, xelado, como ingrediente de ensaladas de froitas ou como gornición en pratos salgados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación angustiosa que experimentan algúns neurasténicos ao pasar dunha posición sentada a poñerse en pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación patolóxica na que se é incapaz de evitar a práctica de determinadas accións ou de pensar en certas cousas. É propia dalgunhas neuroses obsesivas e compulsivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anancastia.

    2. Personalidade de tipo obsesivo e compulsivo.

    3. Trazo ritual co que ás veces se manifestan os actos das persoas afectadas de anancastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor hindú. As súas novelas realistas describen a miseria do sistema de castes do seu país. Publicou Coolie (1933), Untouchable (Os intocables, 1935), Death of a Hero (A morte dun heroe, 1963) e Morning Face (Rostros de madrugada, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curmán e discípulo preferido do Buda, a quen seguiu durante vinte e cinco anos. No primeiro concilio que tivo lugar á morte de Buda (483 a C ?), fixou o texto do Sutta Pitaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Tailandia (1935-1946). Sucedeu ao seu tío Prajadhipok (Rama VII de Siam). Gobernou baixo un consello de rexencia e morreu asasinado como consecuencia dun Golpe de Estado. Sucedeulle o seu irmán, Bhumipol Adulyadet, en 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da planta ou flor desprovista de estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de maceira que produce as ananas, froito temperán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote xudeu durante os anos 47-59. En Xerusalén opúxose ao apostolo Paulo. Foi asasinado polos zelotas pola súa amizade cos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristián da comunidade de Damasco que, segundo os Feitos dos Apóstolos, visitou Paulo cando aquel xa perdera a vista e que logo recuperou milagrosamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da primitiva comunidade de Xerusalén, morreu, xunto coa súa dona Safira, despois de que Pedro lle recriminase ter defraudado a comunidade coa venda dun campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de escritura críptica que consiste nunha lectura das palabras de atrás a diante para dar lugar a un antropónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica da Idade de Ferro (ss VIII-VII a C) do L de Europa, establecida nas bacías dos ríos Kama, Vatka e Belaja.

    VER O DETALLE DO TERMO