anamorfose

anamorfose

(< grἀναμόρϕωσις‘transformación’)

  1. s f

    Debuxo deformado dun obxecto que, visto dende un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.

  2. s f [BOT]

    Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.

  3. s f [IMAX]
    1. Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos (espellos curvados, obxectivos especiais, etc).

    2. Técnica que aplicada en cinematografía consiste na compresión horizontal das imaxes dunha película obtida cun obxectivo anamórfico coa finalidade de que, ao seren proxectadas por outro obxectivo anamórfico, se reproduza a escena nas súas proporcións reais. É a base das impresións e proxeccións panorámicas e en cinemascope.

  4. s f [PINT/LIT]

    Procedemento aplicado na pintura, no gravado e na escultura para designar a representación dun referente cunha perspectiva deformada. En literatura configura tamén un proceso de deformación da realidade por parte do enunciador.

  5. s f [ZOOL]

    Tipo de crecemento que presentan as larvas dalgúns mandibulados cando no momento do nacemento non posúen aínda a segmentación completa nin o número definitivo de patas, que van adquirindo gradualmente despois de diversas mudas.

Palabras veciñas

anamniota | anamórfico -ca | anamorfoscopio | anamorfose | Anamur Burnu | ananabasia | ananás