ananás

ananás

(< port ananás

  1. s m [PLANTA]

    Herba bianual, de longas follas ríxidas, estreitas e agudas, e de marxes espiñosas, dispostas en roseta. O seu talo é curto, e as flores agrúpanse en inflorescencias compactas que dan lugar a unha infrutescencia carnosa comestible. Aínda que é oriúnda do norte de Sudamérica, cultívase en distintas partes do mundo polo interese da súa infrutescencia.

  2. s m [BOT/ALIM]

    Infrutescencia da planta do mesmo nome, de forma semellante á piña do piñeiro e cun penacho de follas verdes rematadas en punta. A cor exterior verde, antes da maduración, transfórmase nun bronceado, cando está no seu punto. A polpa de cor amarela clara, é escamosa, moi xugosa, aromática, doce, algo ácida e lixeiramente fibrosa, especialmente na parte central. Emprégase para facer zumes, aos que se pode engadir algunha bebida alcohólica. Tamén se utiliza como postre servido tanto ao natural como en conserva, en forma de chula, mousse, compota, confite, xelado, como ingrediente de ensaladas de froitas ou como gornición en pratos salgados.

    Ex: Déronme a probar ananases procedentes de Indonesia.

    Sinónimos: piña.