piña

piña

(< lat pinĕa)

    1. s f [BOT]

      Estróbilo das pináceas.

    2. s f [BOT]

      Infrutescencia do piñeiro onde se aloxan os piñóns.

    3. s f [BOT]

      Nome que se dá a diversos órganos ou partes vexetais que teñen forma de piña, como por exemplo a sorose das ananás ou o capítulo de certos compostos.

    4. piña amarela [Aeonium arboreum, Fam das crasuláceas] [PLANTA]

      Planta suculenta de tallos ramificados de 1 a 2 m, rematados en follas con forma de espátulas dispostas radialmente; produce flores dun amarelo dourado. É planta de xardín de orixe mediterránea.

    5. piña americana/tropical [PLANTA]

      ananás.

    6. piña azul [Scilla peruviana, Fam das liliáceas] [PLANTA]

      Planta herbácea vivaz, de 20 a 25 cm de altura, de bulbo tunicado, as follas lanceoladas, todas radicais, de flores xeralmente dun azul intenso, recollidas nunha inflorescencia corimbiforme, hemisférica, voluminosa e compacta, e de froitos capsulares. Dáse en malezas, prados e terreos húmidos da rexión mediterránea occidental.

    7. piña de san Xoán [Leuzea conifera, Fam das asteráceas] [PLANTA]

      Planta herbácea bienal ou perenne, de 5 a 30 cm de altura, de follas brancas e tomentosas no reverso, as inferiores lanceoladas, as superiores pinnatífidas, de flores purpúreas ou abrancazadas, todas hermafroditas, de capítulos voluminosos, non recollidas en inflorescencia, terminais, globosas, con numerosas brácteas involucrais imbricadas e pardentas, e froitos en aquenio provistos de lanuxe. Dáse na rexión mediterránea occidental.

  1. s f

    Acio de uvas.

  2. s f
    1. Grupo de cousas iguais moi xuntas ou grupo de persoas ou animais.

      Ex: Comprei no mercado unha piña de croques. No quirófano había unha piña de médicos.

    2. Conxunto de persoas unidas estreitamente.

      Ex: Nesa familia todos son unha piña. O equipo de balonmán formou unha piña para gañar o partido.

Palabras veciñas

Pin | Pin Fernández, Pedro | pina | piña | Piña | Pina de Ebro | Pina, Rui de