Pina, Rui de

Pina, Rui de

Cronista portugués. Secretario e notario de D. João II (1481), e protagonista de destacados feitos acontecidos durante o goberno deste monarca, foi nomeado cronista oficial da Corte de Portugal en 1497 durante o reinado de Manuel I de Portugal. Nos seus escritos, constituídos por un conxunto de crónicas dos monarcas da dinastía de Avis e dos primeiros reis portugueses na etapa posterior ao goberno de Afonso Henriques, reflectiu a vida portuguesa do s XV cun estilo que anticipaba a concepción renacentista da historia. Desta obra, cómpre distinguir as crónicas dos reinados de Afonso V e João II, polo coidado da súa narración e pola documentación que presenta.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Guarda

  • Deceso

    Lugar : Lisboa