"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano do deserto de Sáhara, ao NL de Ahaggar, coñecido polas súas pinturas rupestres prehistóricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección polas corridas de touros.
-
CAPITAIS
Capital de Xeorxia (1.309.000 h [1999]). Situada a ambos os lados do río Mtkvari (ou Kura) nun estreito val ao pé do Mtacminda, ten industria diversificada. Fundada no s IV, foi disputada por bizantinos, persas, árabes e turcos. Foi capital do Reino de Xeorxia. Foi anexada a Rusia en 1801. Desaparecida a URSS, en 1991, converteuse de novo en capital do estado independente da República de Xeorxia. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, ou igrexa de Sión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Subgrupo de minerais, do grupo dos silicatos, que se clasifican segundo a súa estrutura. Os tetraedros de SiO4 únense con eles mesmos formando unha estrutura tridimensional que pode ter, ou non, valencias libres, a diferenza dos feldespatos, que teñen cargas repartidas na súa estrutura a causa de substitucións de Si por Al nalgúns tetraedros.
-
-
PERSOEIRO
Músico. Estudou nos conservatorios de Vigo e Madrid, e formou parte da Banda da Garda Real de Alfonso XIII en Madrid, e da Banda Municipal de Vigo. Ademais dirixiu diversas bandas municipais e coros da provincia de Pontevedra. Das súas composicións destaca o pasodobre A Reconquista de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Cultivou toda clase de xéneros. Compuxo a súa primeira ópera con tan só doce anos e foi director musical da Ópera de Leipzig (1702). Coñeceu a música instrumental francesa, a ópera italiana e a música popular polonesa. Entre 1722 e 1738 foi director da ópera de Hamburgo, para a que compuxo numerosas obras, das que destaca Pimpinone (1725). É autor de corenta e dúas óperas, corenta e seis paixóns, oito oratorios, ao redor de 1.400 cantatas e innumerables obras vocais e instrumentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo e escritor. Discípulo de Julio Caro Baroja, das súas obras destacan Disquisiciones antropológicas (1985), escrita con J. C. Baroja; La selva de los tópicos (1988), en que analiza os tópicos dos distintos pobos de España, cunha serie de referencias a Galicia, especialmente sobre os conceptos de ‘celtismo’, ‘saudade’ e ‘morriña’; El árbol de las pasiones. Deseo, pecado y vidas repetidas (1994), Vidas poco ejemplares. Viaje al mundo de la rameras, los rufianes y las celestinas (siglos XVI-XVIII) (1996) e Contra la demagogia. Introdución al arte de manipular a las masas (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide purínico, derivado fundamentalmente da xantina, que está presente nas follas do té. É un sólido cristalino incoloro, soluble en auga quente e pouco soluble en alcohol e éter. Ten unha lixeira actividade estimulante e, asociada co acetato sódico, emprégase como diurético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tolerancia dos organismos a temperaturas elevadas para desenvolverse correctamente.
-
PERSOEIRO
Pintor e escritor italiano. Coñecido como Filippo de Pisis, aproximouse á pintura veneciana e á de Maurice Utrillo. Realizou naturezas mortas ante unha paisaxe mariña. Destacan La grande conchiglia (1927), Rose per terra (1938) ou Ritratto di Allegro (1940). De formación humanista, foi autor de La Pittura Moderna (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores caducifolias, da familia das tiliáceas, que presenta follas simples, cordiformes, lixeiramente asimétricas, dentadas e con estípulas caducas. As flores son de cor amarela ou abrancazada, aromáticas, agrupadas en pequenas cimas e froito en núcula. As flores constitúen a tila. En Galicia atópase como árbores ornamentais as especies T. tomentosa e T. cordata.
-
-
Relativo ou pertencente ás tiliáceas.
-
Planta da familia das tiliáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos, da orde das malvais, que presentan follas simples, alternas e con estípulas, flores hermafroditas, actinomorfas, pentámeras, hipóxinas e poliandras, xeralmente agrupadas en cimas, de polinización entomófila, e de froitos en cápsula ou en núcula. Consta dunhas 400 especies, a maioría naturais das rexións cálidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aboladura das células parenquimáticas contiguas nun vaso leñoso e que a través dos poros penetran neste. Prodúcense por diferenzas de presión e fórmanse nos vasos vellos ou danados, que quedan obturados.
-
CAPITAIS
Capital da wilāya de Tilimsen, Alxeria (155.162 h [1998]). Situada ao pé dos montes Tilimsen, a 800 m de altitude, na conca do río Tafna, nunha rexión moi fértil, destaca a produción artesá, sobre todo de alfombras e traballos de coiro. O primitivo núcleo urbano naceu na época islámica co nome de Agadir. Na época almorábide (s X), baixo Yūsuf ibn Tāšfīn, foi ampliada e tomou o nome actual. Incluída dentro do Imperio Almohade, ao desintegrarse este no s XIII, converteuse en capital do reino abdalwadita de Magreb central. Cobizada no s XVI por casteláns e turcos, en 1555, pasou a mans do Imperio Otomán e, despois dunha gran resistencia, foi conquistada polos franceses en 1842. Os principais monumentos que conserva son as mesquitas de Sidi Bou Madine e de Sidi Haloui, do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (9.335 km2; 842.053 h [1998]). A súa capital é Tilimsen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección de timbrófilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleótido que se forma pola unión de timidina e ácido fosfórico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido carboxílico en que un átomo de osíxeno ou ambos os dous foron substituídos por átomos de xofre. Segundo o número de átomos presentes na molécula, denomínanse ácidos monotiocarboxílicos, que presentan tautomería, e existen as dúas formas posibles no que respecta ao enlace carbono-xofre, e ácidos ditiocarboxílicos, dos que destaca o ácido ditiocarbónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de 18 sínodos eclesiásticos celebrados en Toledo entre o 400 e o 702, para deliberar sobre cuestións disciplinarias, litúrxicas e doutrinais. De carácter provincial, a partir do terceiro (589) foron convocados sempre polo rei e presididos polo metropolitano máis antigo ou de máis prestixio. O máis importante foi o terceiro, onde Recaredo I abxurou do arabismo e foi selada a fusión do pobo hispanorromano e o godo. Moi a miúdo, serviron para lexitimar usurpacións do trono (Khindasvinto, Ervixio e Vitiza) e establecer o sistema de sucesión ao trono real ou a prelación dos seus e do primate (fixado no concilio duodécimo). Desde un punto de vista doutrinal, na loita contra o priscilianismo e o arabismo, destacaron os diversos símbolos de fe, sobre todo o Liberius in modum symboli dos concilios primeiro e segundo, así como os símbolos do cuarto (633), do sexto (638) e, sobre todo, do undécimo (675), de grande importancia teolóxica.