Telemann, Georg Philipp

Telemann, Georg Philipp

Compositor alemán. Cultivou toda clase de xéneros. Compuxo a súa primeira ópera con tan só doce anos e foi director musical da Ópera de Leipzig (1702). Coñeceu a música instrumental francesa, a ópera italiana e a música popular polonesa. Entre 1722 e 1738 foi director da ópera de Hamburgo, para a que compuxo numerosas obras, das que destaca Pimpinone (1725). É autor de corenta e dúas óperas, corenta e seis paixóns, oito oratorios, ao redor de 1.400 cantatas e innumerables obras vocais e instrumentais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Magderburg

  • Deceso

    Lugar : Hamburgo