Tilimsen
Capital da wilāya de Tilimsen, Alxeria (155.162 h [1998]). Situada ao pé dos montes Tilimsen, a 800 m de altitude, na conca do río Tafna, nunha rexión moi fértil, destaca a produción artesá, sobre todo de alfombras e traballos de coiro. O primitivo núcleo urbano naceu na época islámica co nome de Agadir. Na época almorábide (s X), baixo Yūsuf ibn Tāšfīn, foi ampliada e tomou o nome actual. Incluída dentro do Imperio Almohade, ao desintegrarse este no s XIII, converteuse en capital do reino abdalwadita de Magreb central. Cobizada no s XVI por casteláns e turcos, en 1555, pasou a mans do Imperio Otomán e, despois dunha gran resistencia, foi conquistada polos franceses en 1842. Os principais monumentos que conserva son as mesquitas de Sidi Bou Madine e de Sidi Haloui, do s XIV.