"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que se propulsa por si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade que teñen algúns enxeños (automóbiles, motonaves, avións, etc) de propulsarse por medios propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao aparello ou elemento que se propulsa a si mesmo.

    2. Aparello que ten propulsión propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Proceso polo que un solvente anfiprótico se atopa en equilibrio cos seus propios ións. Para un solvente anfiprótico HS, a reacción de equilibrio é

    formula

    se ben o equilibrio se atopa pouco desprazado cara á formación dos ións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das diferentes partes dun cadáver para diagnosticar e investigar as enfermidades que padecera o individuo en vida e para verificar as causas da súa morte. Este estudo pode ter interese dende un punto de vista clínico (autopsia clínica) ou xudicial. Abrangue o exame de todo o cadáver e basicamente o estudo sistemático das vísceras das tres cavidades (cabeza, tórax e abdome) e das extremidades. Nas autopsias médico-legais valórase tamén a observación externa.

    2. Recoñecemento dun cadáver, feito normalmente polo médico forense, para pescudar e probar a causa e as circunstancias da morte dunha víctima ou para identificala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Psicose na que predominan as perturbacións do eu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se ve cos propios ollos; baseado na observación persoal.

    2. Relativo ou pertencente á autopsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuncios que frecuentemente realizan os medios de comunicación, especialmente os canais de televisión, co fin de dar a coñecer a próxima emisión dun novo programa ou para destacar a calidade dos seus contidos informativos ou de entretemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que realiza algu-nha cousa.

    2. Termo polisémico que foi evolucionando no decurso da historia e da crítica literaria. Na Idade Media recibía esta denominación o copista que caligrafaba obras alleas e, durante o século XVII, aplicábase ao director dunha compañía de teatro que se ocupaba tanto da escenografía das pezas como das condicións económicas da compañía. O concepto de autor, como produtor orixinal da súa obra, é propio dunha tradición literaria culta fronte á literatura de tradición oral (cantos populares, cantares de xesta, etc) onde o anonimato é o máis frecuente. No ámbito da teoría literaria, o coñecemento do autor (biografía e contexto sociocultural e estético) interesou particularmente ás correntes historicista, sociolóxica e psicoanalítica. Estas dúas últimas rexistraron na obra literaria, respectivamente, qué determinacións de clase e formación, por unha banda, e qué complexos e imaxes do subconsciente, pola outra, se materializaron nos aspectos formais do texto. Polo contrario, os formalistas entenderon...

    3. Persoa que publicou validamente por primeira vez a descrición dun taxon determinado.

    4. Persoa que participa no delito ou falta mediante a execución directa do feito punible. Cando isto non foi realizado polo axente dun xeito persoal ou directo, a doutrina científica fala de autor mediato. Son autores aqueles que participan directamente na execución do feito, os que forzan ou inducen a outros a executalo e os que cooperan na execución mediante un acto sen o que aquela non se podería verificar.

    5. Responsable artístico dun filme. Figura xurídica mal definida. A crítica considerou tradicionalmente que o creador e responsable artístico dunha película é o director.

    6. Entidade estatal ou privada responsable do contido e da publicación dunha obra.

    7. Conxunto de dereitos subxectivos e facultades xurídicas exclusivas e potestativas que derivan daquelas e que corresponden aos autores dunha obra literaria, científica, musical, dramática ou artística. Poden ser agrupados en dúas categorías: os dereitos morais personalísimos, inalienables e imprescritibles, polos que o autor pode defender a súa creación e preservar a obra de calquera deformación que afecte á súa dignidade, e os dereitos patrimoniais polos que o autor pode dispoñer da obra intelectual que creou e explotala libremente. En varios países latinos os dereitos de autor son chamados propiedade intelectual e nos países saxóns copyright.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de autor ou creador dunha cousa.

    2. Presencia como autor nun delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dereito e poder de mandar, de rexer ou de dirixir.

      1. Poder regular exercido sobre unha ou varias colectividades de forma que esta ou estas reciban unha certa orde de subordinación e superordinación, así como tamén un sistema de dereitos e deberes. É unha das formas capitais do poder. Comporta un certo grao de aceptación por parte da colectividade. Max Weber distinguiu a autoridade tradicional, baseada na crenza nun poder conferido polo tempo e a tradición a certos individuos e institucións (monarquía), a autoridade legal-racional, baseada na crenza nuns principios chamados racionais (estados constitucionais) e, finalmente, a autoridade carismática, baseada nunha crenza nos poderes excepcionais dun dirixente. Isto permite identificar determinadas institucións de autoridade como a igrexa, a monarquía ou o consello de ministros, que se apoian nunha combinación dos tres tipos de autoridade citados por Weber. O sentido clásico da autoridade é o termo romano de autoritas, que completaba o contido dos actos da...

      2. autoridade paterna

        A exercida polo pai ou por quen o substitúa. É un dos aspectos da patria potestade.

      3. principio de autoridade

        O que admite a necesidade dunha autoridade soberana.

    2. Persoa investida de propiedades imperativas. Como consecuencia da súa investidura, as autoridades teñen a posibilidade de ordenar e de facer obedecer inmediatamente os seus mandamentos dentro da esfera das súas potestades, ademais do poder xeral que lles permite manter a orde e dirixir as actuacións en todos os actos públicos que presidan. Gozan dunha protección penal especial. Cómpre non confundir o concepto de autoridade pública co de funcionario público.

      1. Coñecemento ou dominio que alguén ten sobre unha certa materia ou asunto, polo que a súa opinión prevalece sobre a dos demais.

      2. Prestixio ou ascendente dunha persoa, escola ou obra en tanto que determina o asentimento dunha verdade, independentemente das evidencias que se teñan para a proposición enunciada.

      3. Texto dun escritor de prestixio que sostén o sentido dunha palabra ou o emprego dunha construción sintáctica.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impón aos outros a súa vontade apelando á súa importancia, capacidade, forza, etc, sen atender á opinión do resto.

      1. Que sostén, en política, o principio de autoridade.

      2. Aplícase ao réxime político, estado, etc, no que o poder está sendo exercido sen permitir a oposición.

    2. Dise da personalidade caracterizada pola disposición á conformidade, á obediencia e ao respecto por quen detenta o poder ou a autoridade superior, amais do convencionalismo, da arrogancia e o menosprezo aos grupos minoritarios e aos individuos de status social inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de autoritario.

    2. Actitude que pretende a obediencia indiscutida. Atópase nos individuos e nos sistemas sociais nos que se esixe a obediencia incuestionada a un xefe, caudillo, déspota, supremo sacerdote, pater familias, etc. Emprégase sobre todo en tres contextos: a estrutura dos sistemas políticos, as disposicións psicolóxicas relacionadas co poder e as ideoloxías políticas. É característico dos réximes antidemocráticos, onde o poder se concentra nun só órgano, no que non hai parlamento e no que a oposición política se suprime. Varias características distinguen o autoritarismo doutras formas anteriores, como o despotismo, o absolutismo e a tiranía. As autocracias anteriores estaban gobernadas por un monarca ou por calquera outro aristócrata, que gobernaba baseándose nun principio como o dereito divino dos reis, por exemplo, mentres que o estado autoritario moderno está dirixido normalmente por un partido político que encarna unha ideoloxía que defende a súa autoridade universal e que non permite...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Determinación que interviña na integración, defensa ou asistencia dunha vontade allea. A autoritas designa a plenitude do poder do Emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser autorizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de autorizar.

    2. Documento ou expresión onde se autoriza algo ou a alguén.

      1. Acto polo que unha autoridade administrativa, lexislativa ou xudicial autoriza a outra autoridade, a un funcionario que dela dependa ou a un particular o exercicio de determinados dereitos.

      2. autorización administrativa

        Acto polo que as administracións públicas facultan a un administrado no exercicio dun dereito.

      3. autorización de residencia

        Permiso que a autoridade gobernativa dun país outorga a un estranxeiro para que este poida establecer nel o seu domicilio por un período de tempo determinado e que, normalmente, cómpre renovar periodicamente.

      4. autorización xudicial

        Autorización do xuíz, ditada para suplir a negativa que unha persoa puidera dar a outra, para que esta realice uns determinados actos de disposición sobre bens ou dereitos propios e, especialmente, para intervir nun proceso xudicial co fin de defender nel os seus dereitos ou bens.

    3. Intervención dun notario nun outorgamento do acto xurídico.

    4. Requisito que a lei esixe para que certas persoas que non gozan da plenitude da capacidade de obrar (por exemplo, menores e estranxeiros) poidan contratar validamente os seus servicios en réxime de contrato de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de autorizar.

    2. Que ten autoridade.

    3. Que se pode facer baixo a legalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar unha persoa con autoridade o permiso ou consentimento para facer algo.

    2. Dar licencia ou permiso a alguén para facer unha cousa.

    3. Conceder unha cousa dereito a alguén para que actúe ou opine de determinada forma.

    4. Dar unha persoa autorizada validez a un documento, escrito ou sinatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica da bioloxía molecular que consiste en recubrir unha preparación histolóxica cunha emulsión sensible, que ten algúns compoñentes marcados con elementos radioactivos.

      1. Técnica empregada para estudar a localización dun determinado elemento nun corpo que o absorba.

      2. Técnica de experimentación que consiste en colocar sobre unha placa fotográfica unha mostra radioactiva. Os cambios na película fotográfica obedecen á distribución do isótopo radiactivo, previamente introducido no organismo vivo, fixado nos tecidos sometidos a análise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns instrumentos de topografía pola que se obtén a distancia horizontal sen ter efectuado ningunha clase de cálculo.

    VER O DETALLE DO TERMO